As directivas de AD Vilamaior e Atlético Sobrado Xuventude puxéronse en contacto para acordar unha nova data para o partido que non puido ser xogado o pasado domingo debido ó falecemento do pai de un xogador do clube de Ordes.
O encontro quedou fixado para o domingo 6 de xaneiro de 2013 (Día de Reis) a partires das 16.00 horas no Campo de "O Carballo" en Vilamaior (Ordes).
Os clubes xa se puxeron en contacto coa Federación Galega de Fútbol para remitirlle ó organismo encargado das competicións federadas do fútbol galego a nova data de celebración do encontro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario