luns, 4 de febreiro de 2013

Xornada 19: Punto de OURO (A Crónica)

O Atlético Sobrado suma un importante e valiosísimo punto no seu enfrontamento fronte ó CD Mesía. O rival foi mellor na tarde do sábado que o cadro marelo e empuxou máis para lograr a victoria. O empate permítelle o C.A.S.X. seguir mantendo a distancia de 8 puntos co CD Mesía máis o golaverage particular e ademáis aumentou nun punto a distancia co segundo clasificado o Cire Melide logo da derrota de este en Toques.

O Atlético Sobrado logrou un punto de auténtico ouro o sábado pola tarde no Municipal de Sobrado logo de non facer un bo encontro e ser inferior ó CD Mesía. O cadro branco veu a polos 3 puntos de maneira descarada sabedor que era unha das últimas opcións que tiña para intentar asaltar o 1º posto que neste momento é propiedade do noso equipo.

A Máquina Amarilla fixo boa a máxima de cando non se pode gañar hai que saber empatar e nun minuto tolo foi capaz de igualar o gol de Grobas.

Comezou o Mesía intentando ataques directos con balòns en longo para os seus dianteiros Ton e Miges que fixeron un gran traballo aínda que non encontraron o premio do gol.

O Mesía foi persistente nos seus ataques aínda que non chegou con moito perigo a portería de David. A ocasión máis clara da primeira metade tería Fran logo de un pase da morte de Naveira, o balón quedouselle trabado no medio das pernas ó interior de Teixeiro cando ía rematar man a man  co porteiro visitante.

Con 0-0 chegouse ó descanso.

Na segunda metade o C.A.S.X. intentou impoñer o seu fútbol pero sen éxito na primeira media hora da reanudación.

Pasaban os minutos co marcador inicial ata que Grobas que entrara ó campo habia uns minutos faría unha gran xogada recollendo o esférico na zona de medio campo e logo  de levarse a tres rivais encarou a David e bateu por raso ó cancerbeiro marelo poñendo o 0-1 no marcador no minuto 79.

O C.A.S.X. apenas deixou saborear o gol o conxunto visitante pois na xogada posterior o saque de  centro tras o gol chegaría o empate. Balón que recolle Naveira en 3/4 de campo que ve o desmarque de Chino, o seu pase interior para o centrocampista marelo é bo, Chino adentrase con velocidade na área e cando vai regatear ó porteiro este comete penalti. O colexiado do encontro decreta a pena máxima pero non expulsa ó cancerbeiro do Mesía. O executor do penalti sería o propio Chino que de un forte lanzamento a media altura faría o empate. Corría o minuto 81.

Tras os dous goles calqueira dos dous equipos puido levarse o encontro. Primeiro tivo a oportunidade o Mesía nun remate de cabeza de Grobas no segundo pao que solventou de maneira miragreira David aparecendo para taparlle o remate e abortar unha clarísima ocasión.

A última do encontro tívoa Maikel a balón parado nun excelente remate de cabeza a centro de Chino que se foi fora por moi pouco.

Así se chegou ó final do encontro con un punto que o C.A.S.X. sábelle moi ben visto como se desenvolveu o encontro e a entidade do rival. Un dos mellores conxuntos da categoría. Rival incómodo, físico, aguerrido e loitador.

A xornada foi propicia e hai que seguir remando para que esta vantaxe non se reduzca. Faltan 7 finales para o equipo de Hassan.

A seguinte estación é Mesón do Vento o vindeiro domingo. Ó longo da semana iremos ampliando datos do encontro.

NORABOA EQUIPO!!

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: