luns, 18 de febreiro de 2013

Xornada 21: máis cerca do título


O Atlético Sobrado da un gran paso para ser campión de Liga e lograr o ascenso de categoría. O equipo marelo gañou pola mínima con gol de penalti transformado por Chino. A pena máxima foi sufrida polo capitán Esteban. O cancerbeiro David de novo foi clave coas súas intervencións para que a victoria caera do lado dos homes de Hassan.

Non foi o partido máis vistoso da tempada pero serviu para lograr 3 valiosos puntos. O C.A.S.X. doblegou pola mínima a un Cire Melide que intentou o empate ata o final pero un enorme David evitou que os de Melide lograran perforar a súa portería conseguindo deixar, unha vez máis, e van  10 partidos a súa portería a 0.

Hassan comezou o encontro con David, Maikel, Piru, Esteban, Mario Novo, Anxo, Fran, Jaco, Chino, Dami e Naveira.

Para cambios quedaron Samu, Isma, Pedro, Antonio e Alejandro Márquez.

Os dous equipos comezaron o encontro respetandose moito sobre o terreo de xogo e os primeiros minutos tan so nos ofreceron algunha xogada do Sobrado en ataque sen moita relevancia.

A xogada clave do partido chegaría no minuto 28 logo de que nunha xogada a balón parado Esteban sufrira un claro penalti que o colexiado do encontro decretou.

O encargado do lanzamento foi o especialista do equipo Chino que executou un forte lanzamento no que o cancerbeiro visitante Marcos chegou a tocar pero debido a violencia do disparo foi incapaz de interceptar. Un Chino que no primeiro tempo foi o mellor xogador do partido levando a manixa do encontro e poñendo o tempo de xogo onde él quería.

Co 1-0 chegaríase o tempo de lecer.

Na segunda metade o Cire estirouse en ataque intentando buscar o empate e ahí comezou David co seu recital.

Antes Fran tivo a sentencia nun man a man co porteiro visitante  que finalmente o cancerbeiro Marcos rexeitou.

O Cire tivo 3 boas oportunidades pero David encargouse de desbaratalas. As oportunidades de Mulero e Marocha minimizounas o Zamora da Liga con soberbias paradas amosando unha vez máis por que é un dos mellores porteiros da Liga senón o mellor.

Naveira volveu a perdoar a sentencia preto do final nun bo pase interior, cando chegou o momento de encarar o porteiro un defensa tócalle por detrás dentro da área desequilibrando ó noso dianteiro que finalmente cae pero o árbitro non considerou que o pichichi fora obxecto de pena máxima. Unha vez rematado o encontro o colexiado admitiu que houbera contacto pero que creía que non o suficiente coma para pitar penalti.

Así se chegou ó final do encontro con un inmellorable resultado. Esta victoria é a número 15 do C.A.S.X. e deixa ó Cire Melide a 13 puntos de distancia máis o golaverage con tan so 5 partidos por disputarse.

A xornada foi bastante boa pois o CASX abriu máis oco co Mesía 4º clasificado que perdeu en Bribes e co 5º Vizoño B que empatou con Mesón do Bento.

Agora o máximo rival na loita polo título céntrase no Bribes que é 2º distanciado a 9 puntos e co golaverage a favor dos homes de Hassan.

Para a semana chega o derbi co Tambre o domingo as 16.15. En caso de victoria do Atlético Sobrado e derrota do Bribes en Mesón do Bento o noso equipo proclamaríase matemáticamente campión de Liga e acadaría o ascenso automático a 2ª Autonómica.

Este partido teremos tempo a analizalo ó longo da semana.

DAR UNHA VEZ MÁIS A NORABOA OS XOGADORES E A HASSAN POR ESTA TEMPADA DE ENSOÑO. NON ME CANSAREI DE AGRADECERLLES TODO O BO QUE NOS ESTÁN A DAR. XA NON FALO SO DE RESULTADOS. SENÓN DE MÁIS TEMAS QUE SE PALPAN DÍA A DÍA E QUE FAN QUE ESTE CLUBE SEXA CADA DÍA UN POUCO MÁIS GRANDE.

DESDE AQUÍ AGRADECER TAMÉN A TODO  O PÚBLICO ASISTENTE O SÁBADO Ó MUNICIPAL XA QUE SOBREPASABA OS 120 ESPECTADORES, UNHA GRAN ENTRADA SEN DÚBIDA.


A TOD@S GRAZAS!!!


Ningún comentario: