luns, 25 de febreiro de 2013

Xornada 22: A Deusa fortuna evita a victoria (A Crónica)


O Atlético Sobrado empata nun derbi no que mereceu golear ó seu rival. O Tambre fai un tiro a portería en todo o partido e marca 2 goles. A Máquina Amarilla pódese proclamar CAMPIÓN DE LIGA o vindeiro sábado.

A Deusa fortuna quixo que o derbi entre o Tambre e o Atlético Sobrado rematase en táboas. Se nos agarramos ós números xa advertíramos que esta semana nos tocaba empatar debido a explicación que paso a relatar e que ten a súa lóxica, ou non...

Desde que o Atlético Sobrado empatara 1-1 en Bribes comezou unha relación cos números algo subrealista: tras ese empate chegaron 5 victorias consecutivas, logo chegou o empate en Encrobas para seguir con outras 4 victorias consecutivas, empatouse en Vilamaior e seguimos con 3 victorias consecutivas, empatouse co Mesía na casa e chegarón de novo 2 victorias así que vendo o procedemento tocaba empatar e por esa regla de 3 o sábado toca gañar e logo empatar no desprazamento a Carral. Veremos que pasa...

No que atinxe o partido antes de nada desde a Directiva do CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE queremos darlle un aplauso moi forte e ovación pechada a multitude de seguidores marelos que viñeron a animarnos. Deron unha auténtica lección de CIVISMO e SABER ESTAR na grada.   O comportamento foi de 11. GRACIAS!!!

O partido comezou de un xeito totalmente extraño na primeira xogada de ataque do Tambre nun centro o balón pégalle a Chino (que está no pico da área de espaldas) no corpo e o colexiado decreta pena máxima a favor do Tambre. Deixándonos completamente perplexos a todos. O lanzamento efectuouno Cristian e marcou pero o colexiado mandou repetir por invasión da área de un xogador local. Cambiou o lado do lanzamento na repetición e volveu a marcar Cristian poñendo o 1-0 no marcador. Corría o minuto 4 e ahí se acabarían os tiros a portería do Tambre en todo o partido.

Na seguinte xogada de ataque do Tambre a mala fortuna veu a visitar ó conxunto marelo pois nun centro raso desde a banda dereita sen aparente perigo o esférico pégalle a Mario Novo e o balón entra mainamente pegado o pao na propia portería do Atlético Sobrado.

Era o minuto 8 e tod@s aqueles que estaban a ver o partido resultáballes difícil de crer que o Tambre con tan pouco estivera a gañar 2-0.

A partir de ahí o partido foi un auténtico monólogo marelo asediando a meta visitante con continuas chegadas por banda, con un Fran e un Jaco incisivos polas bandas e con un colexiado que permitiu o xogo duro (as veces agresivo) do rival. Castigou máis as protestas polas faltas recibidas que as patadas. O Tambre viu 6 cartóns marelos e o C.A.S.X. 5 un deles de Maikel, según o colexiado por simular unha falta, cando realmente o que levou foi unha patada en condicións. Ese cartón trae "premio" e non poderá xogar contra ó Encrobas o sábado por acumulación de cartóns. Permitiu entradas salvaxes coma a que sufriu Jaco que ten os tacos marcados nun gluteo e non lle sacou cartón marelo a un xogador local que xa fora amonestado con anterioridade. Permitiu unha entrada durísima de Sergio sobre Fran na segunda metade que se chega a coller de cheo o interior marelo estaríamos a falar probablemente de unha lesión de larga duración..., non expulsou a Guille logo de que cometese unha falta sobre Fran cando este encaraba portería e era o último home..., permitiu insultos... en fin..., non foi o día do colexiado.

O C.A.S.X. reduciría distancia por medio do pichichi Naveira no minuto 22 logo da execución de un córner por parte de Chino, a estratexia de ir ó primeiro pao funcionou e Naveira marcou de cabeza.

Axiña ía empatar o Atlético Sobrado, concretamente no minuto 28, Mario Varela conecta un colosal zapatazo desde fora da área que lle saca as telas de araña á meta do Tambre FC. En menos de media hora xa se viran 4 goles no derbi sobradés.

Chegouse ó descanso co 2-2 que a postre sería definitivo.

Na segunda metade o C.A.S.X. foi de cabeza a pola victoria mentres o Tambre intentaba aferrarse o empate como fora. Foron moitas as oportunidades que desperdiciou o equipo marelo: balóns que pasaron por diante da meta do Tambre sen encontrar rematador, tiros a porta flouxos coa portería semivacia, lanzamento espectacular de falta de Chino que se foi topar co largueiro cando xa se cantaba o gol...

Pero o fútbol é así e cando o esférico non quere entrar non hai nada que facer. Rematou o encontro con reparto de puntos.

O punto conseguido sérvelle ó C.A.S.X. para conseguir xa, a falta de 4 xornadas, o segundo posto de xeito matemático. O único equipo que lle pode arrebatar a Liga é o Sp. Bribes que logo da súa victoria de onte agora sitúase a 7 puntos con 12 puntos en xogo.

O Atlético Sobrado poderíase proclamar CAMPIÓN de xeito matemático o vindeiro sábado se, como parece, o Bribes e o Cire adiantan o seu partido a sábado e os de Melide conseguen puntuar en Cambre sempre e cando o Atlético Sobrado gañe o seu partido no Municipal de Sobrado contra o Encrobas CF. No partido de ida o C.A.S.X. desperdiciara 2 goles de renta nos últimos minutos de encontro para acabar empatando a 2 goles.

De este partido falaremos ó longo da semana.

Desde aquí felicitar ós xogadores pola gran partido realizado na tarde de onte, que malía que non tivo o merecido premio dos 3 puntos e a remontada quedou incompleta serviu para seguir sumando outra semana sen perder e van 21..., case nada ó aparato...

ÁNIMO EQUIPO E COMA SEMPRE

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

1 comentario:

Anónimo dixo...

Será en marzo, CrAkSX.