luns, 4 de marzo de 2013

Xornada 23: a cita coa HISTORIA está a tan so 1 punto

O Atlético Sobrado non pasa do empate fronte o Encrobas pero a derrota do Sp. Bribes fronte ó Cire Melide achega máis o equipo marelo ó título de Liga. Un empate para a vindeira xornada fronte ó Carral B poñería o culmen a unha tempada histórica para o deporte sobradés.

Non foi o mellor partido do Atlético Sobrado no que vai de tempada nin pasara a historia polo fútbol mostrado pero malia o xerro de auga fría final, a xornada foi propicia para os intereses marelos e ó C.A.S.X. chégalle con sumar un so punto nas 3 xornadas que quedan para ser CAMPIÓN.

O Atlético Sobrado foi víctima dos nervos que anteceden a unha gran xesta e o equipo estivo máis revolucionado do normal, demasiado impreciso nos metros finais e perdoou a victoria en diversas ocasións.

Hassan perdeu a última hora a xogadores  coma Mario Varela e Isma por motivos laborais e Dami por estudos. Así pois tan so se puido contar con 14 xogadores.

O C.A.S.X. formou con David en portería, liña defensiva para Pedro, Piru, Mario Novo e Esteban, centro do campo para Anxo, Chino, Fran, Jaco e Miguel Combo e como referencia máis ofensiva Naveira. Para cambios quedaron Samu, Alejandro Márquez e Antonio.

Tivo boas oportunidades a Máquina Amarilla na 1ª metade sobre todo na figura de Pablo Naveira pero o pichichi non andivo atinado na tarde de sábado e perdoou ata 3 claras ocasións.

O Encrobas íase adiantar no minuto 20 por medio de Mareque que gañou a súa pugna en carreira con Mario Novo e Esteban, encarou a David e marcou pegado ó pao largo.

Co 0-1 chegaríase ó descanso.

Empataría ó C.A.S.X. os 6 minutos da reanudación logo de un claro penalti sufrido por Naveira que Chino se encargaría de transformar poñendo as táboas no marcador.

Na segunda metade o Encrobas daba por bo o resultado e varios xogadores cercedeses estiveron bastante tempo tirados no chan ante a impasibidade do colexiado que non fixo nin aceno de amonestar os xogadores visitantes polas súas continuas pérdidas de tempo.

O Atlético Sobrado facía ataques baldíos con un Jaco que foi do mellor do encontro intentando levar perigo unha e outra vez pola súa banda.

Cando parecía que o partido remataría empate a 1 gol abriuse o ceo para o Atlético Sobrado. De novo outro claro penalti, desta volta por mans de un defensor no minuto 87 de encontro dáballe a oportunidade os homes de Hassan de poñerse a tiro de campionato. Chino de novo sería o encargado de transformar con un potente traiazo. Adiantábase o C.A.S.X., por fin, nos instantes finais de encontro.

Xa no minuto 92 chegou a xogada que cambiou todo, o colexiado pita unha falta en contra do Sobrado cando realmente fora o equipo marelo o que sufrira a falta en medio campo. A falta, colgada polos visitantes a desesperada ó corazón da área de David, é tocada de cabeza por un xogador cercedés e o balón vai ó pao, con tal mala sorte que o rexeite vai caer ó único xogador de negro que estaba naquela zona, o central Antón, que non tivo máis que empurrar o esférico ó fondo da rede. Facéndose o silencio na grada do Municipal de Sobrado.

O colexiado a pesares de todo o tempo perdido tan so descontou 3 minutos e medio. Habendo 4 cambios (30 segundos por cambio = 2 minutos) e visto o visto antóxase bastante pouco pero, como quen manda é o señor colexiado toca fastidiarse (de momento).

Non estaría mal que os árbitros cando lles designan un partido se informasen un pouco para saber o que se xoga cada equipo e o porqué das pérdidas de tempo de algúns equipos a pesares de non estar gañando.

Xa olvidado o partido, para a semana visitamos Carral coa data aínda por decidir. Puntuar significa alcanzar a GLORIA.

Ó longo da semana iremos analizando este choque que pode ser un día para enmarcar na historia do noso clube.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: