mércores, 20 de marzo de 2013

Xornada 26 e última: Toques CF - C.A.S.X.



O vindeiro domingo o Club Atlético Sobrado Xuventude pecha a mellor tempada da súa historia no Municipal de Toques fronte ó equipo local.
Os homes de Hassan xa son campións desde hai dúas semanas pero os caprichos do calendario quixeron que a Máquina Amarilla tivera que disputar as dúas últimas xornadas encontros contra equipos que se están xogando entrar no playoff de ascenso a 2ª Autonómica. O sábado foi contra a SD Pontecarreira e esta semana contra o Toques CF que ocupa neste momento o 5º posto (último que da acceso á promoción) con 44 puntos.

Coma cada vez que este clube se enfronta ó Toques é un día especial polo especial cariño que lle temos a Ángel, o seu adestrador que durante varios anos pertenceu á disciplina de este clube. Mais no terreo de xogo Ángel é un rival máis e o Atlético Sobrado, coma nos 25 partidos anteriores sairá a conquistar a victoria e pechar así unha tempada de Matricula de Honra.

O Toques é un dos rivais máis difíciles do campionato sobre todo na súa casa. Ademáis de poseer un gran plantel o equipo vermello destaca por ser unha escadra moi loitadora que xamáis da un balón por perdido. É agradecido no esforzo desde o primeiro ata o último minuto e tenlle ben tomadas as medidas ó Municipal de Toques.

O equipo que adestra Ángel gañou 8 partidos na casa, empatou 1 e perdeu en 3 ocasións con un total de 35 goles a favor e 24 goles en contra.

Será un bonito duelo pois enfróntanse os dous equipos máis goleadores da categoría: Toques 1º con 57 dianas e o Atlético Sobrado 2º con 53. Bareto é o home gol dos locais con 20 goles no que vai de competición. O equipo toquense soubo sobrepoñerse á baixa de larga duración de outro dos seus goleadores Nacho e a pesares da importante falta do "9" o resto de xogadores deron un paso adiante para seguir perforando a meta rival.

Será unha xornada apaixoante pois entre Cire Melide, Toques, Pontecarreira e Mesía xóganse 2 postos para entrar na promoción. Incluso podería haber un cuadruple empate a 45 puntos o que faría ter que sacar as calculadoras para ver quen se mete definitivamente no apaixoante formato de semifinais e final.

Polo que respecta ó Atlético Sobrado hai unha boa nova, e non é outra que a volta de Maikel por uns días a Galicia desde terras xermanas o que lle permitirá poder disputar o encontro coa Máquina Amarilla.

É dúbida Pirulo que está a pasar un proceso vírico e volve tamén Naveira logo de cumplir ciclo de amonestacións na pasada xornada.

O partido comezará as 17,00 horas e como dixemos antes terá lugar o domingo 24.

Xa sabedes que podedes seguir o encontro que dará punto e final a tempada pola conta de twitter do equipo @AtleticoSobrado, conectamos media hora antes para dar a aliñación que presente Hassan no derbi comarcal.

Un saúdo

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: