sábado, 12 de outubro de 2013

NON A VARIACIÓN DO CAMIÑO



Desde o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE queremos amosar a nosa disconformidade e o rexeite máis absoluto a proposta de Variación do Camiño Norte que a Xunta de Galicia propón no seu D.O.G. do mércores 4 de setembro de 2013.

Unha proposta que consideramos totalmente fora de lugar e que podería traer, de levarse a cabo, consecuencias directas irreparables para o noso pobo como son o peche de negocios e a consecuente perda de emprego nun lugar onde o Camiño Norte é vital para a subsistencia e o sostemento da meirande parte dos postos de traballo.

Non se entende un Camiño Norte de Santiago sen o paso dos peregrinos polo explendoroso Mosteiro de Sobrado. Lugar que dende hai séculos dou cobixo a viaxantes, peregrinos, visitantes e enfermos.

Así pois, desde o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE decimos alto e claro:


NON A VARIACIÓN DO CAMIÑO


* NOTA: a 1º medida que tomará o C.A.S.X. con respecto ó presente comunicado será facer unha Foto Protesta no partido de mañá domingo fronte o C.C.D. Queixas.

Ningún comentario: