luns, 7 de outubro de 2013

Xornada 5: Esforzo baldío (A Crónica)


O Atlético Sobrado cae pola mínima nun partido que ía para empate. O C.A.S.X. xogou 30 minutos con un home menos pola expulsión de Mario Novo. Un gol de Ferraces no minuto 77 sentencia ós marelos que puideron empatar no tempo engadido.

O Atlético Sobrado deixou pasar na mañá de onte unha boa opción de puntuar fronte ó Visantoña C.F. Un solitario gol de Javi Ferraces dou os 3 puntos o conxunto branco nun partido moi igualado onde a orde táctica de ambos conxuntos imperou ó longo dos 90 minutos.
Ambos equipos tiveron oportunidades bastante claras que desaproveitaron e tan so un xenial control de Javi Ferraces e posterior lanzamento raso dou os 3 puntos ós visitantes.

Hassan tivo as baixas de última hora de Luis e Fran que acusaron molestias no adestramento do venres así pois o equipo formou con David, Iago Corral, Piru, Esteban (c), Mario Novo, Anxo, Chino, Mario Varela, Dami, Jaco e Isak. Para cambios quedaron Miguel Combo, Alex Márquez, Rive e Naveira.

Pouco que destacar dos primeiros 45 minutos onde os equipos amosaron un respeto mutuo con algunha que outra chegada con perigo por cada bando. Quizais o colexiado perdoou a expulsión a un dos centrais do Visantoña nunha xogada na que derribou a Isak fora da área sendo o último home cando o noso dianteiro encaraba portería. Ó final a falta quedouse en cartón marelo...

Na segunda metade o Visantoña tivo 2 boas oportunidades de poder abrir o marcador que non aproveitou. No minuto 60 o Atlético Sobrado quedouse con un xogador menos logo de que Mario Novo vira o segundo cartón marelo do encontro. O único gol do encontro chegaría no minuto 77 nun balón aéreo no que Javi Ferraces lle gaña a espalda a Esteban e no que pincha o esférico de xeito prodixioso, ó seu lanzamento forte e raso nada lle puido facer David.

O Sobrado non baixou os brazos e a pesares de contar con un xogador menos foise a polo empate. Un empate que rozou en 3 ocasións: 1º Naveira na área pequena, no seu intento de xiro para rematar resbala e conecta levemente co balón. Despois Miguel Combo, xa no tempo engadido un lanzamento desde o punto de penalti no que xa se cantaba o gol pero un defensa visitante dou chegado para desviar a córner e na última xogada do partido Chino, con un tiro que se envelenou logo de tocar nun defensa e no o porteiro visitante se tivo que empregar a fondo para evitar o gol do empate.

Así pois derrota pola mínima pero unha imaxe máis que aceptable de un equipo que sigue a medrar xornada tras xornada. Coa actitude que se está amosando en todos os encontros os puntos van ir chegando, traballándose conséguense as metas.

O partido troixo duas malas novas en forma de lesión: a do capitán Esteban e a de Pablo Naveira. Ambos estarán de baixa por un período aínda por determinar. A estas úneselle a de Fran. Polo tanto, a enfermería estos días está a tope. Pronta recuperación para os 3.

Para a semana o equipo visita Queixas (Cerceda), unha nova revalida para seguir medrando.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: