mércores, 11 de decembro de 2013

Duro fin de semana


Malos resultados para os equipos senior e xuvenil esta fin de semana:

SENIOR: Sta. Cruz 3 - Atl. Sobrado 0

Hassan so puido xuntar 11 xogadores para afrontar o partido. Aínda así, o conxunto marelo respondeu mentres tivo gasolina e chegouse con empate a 0 goles o descanso na casa do 4º clasificado. Xa na segunda metade o cansanzo fixo mella e o Santa Cruz certificou a victoria marcando 2 goles e 1 o Sobrado en propia porta.

XUVENIL: Visantoña 6 - Atl. Sobrado 4

Traspés do conxunto de Isma García que está a firmar unha gran tempada con 6 victorias e tan so 3 derrotas. Os goles marelos foron obra de Javi Caske, Lucas, Marcos Combo e 1 en propia porta do Visantoña.

Ningún comentario: