Visita máis que compricada a que lle rendirá o Atlético Sobrado ó líder da competición, o Marino de Mera pasado mañá domingo.
O equipo de Hassan que ven de acadar 4 dos 6 últimos puntos viaxa a Mera coa intención de sacar algo positivo de "O Xabrón". A pesares de que sobre o papel o líder da competición é claro favorito no envite os marelos non irán as Mariñas de paseo senón que poñeran toda a carne no asador para que os 3 puntos viaxen a Sobrado e confirmar así o bo momento do equipo.
Os números do Marino de Mera son números de ascenso de categoría: 12 victorias, 2 empates e tan so 2 derrotas para sumar un total de 38 puntos. É o equipo menos goleado da categoría con tan so 9 goles encaixados en 16 xornadas 0.56 goles por encontro. Pola contra suma 31 goles a favor onde a faceta anotadora está moi repartida con Andrés como máximo goleador con 5 goles seguido de Mario Rey, Fabeiro, Mario e Liñares con 3.
O equipo marelo deberá estar moi atento nas xogadas de estratexia pois as dimensións de "O Xabrón" unidas a que o balón parado é unha das especialidades do líder poden decantar o encontro.
Hassan dará hoxe a convocatoria para o encontro logo do adestramento no Campo Novo de Curtis.
O partido disputarase as 16,00 horas na véspera de Reis.
Pola súa banda o equipo Xuvenil non retomará a competición ligueira ata a vindeira semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario