luns, 28 de abril de 2014

Xornada 32: Un Almeiras moi superior (A Crónica)

O Atl.Sobrado sufre unha abultada derrota na súa visita a Almeiras. Hassan so puido dispoñer de 12 xogadores (9 senior, 2 xuvenís e 1 cadete). O peor do partido a lesión de Jaco.

Saiu goleado o C.A.S.X. da súa visita o Campo de Os Loureiros en Almeiras (Culleredo). O equipo marelo caeu por un rotundo 6-0 se ben é certo que o conxunto que adestra Hassan tivo a condicionante de contar con abondosas baixas: Chino, Isak, Luis Mato, Esteban, Dami, Mario Varela e Anxo non puideron ser da partida.

Así pois a expedición foi formada por tan so 9 xogadores do primeiro equipo, 2 xogadores xuvenís e 1 cadete.

En ningún momento estivo cómodo o equipo marelo no encontro nun campo que mistura area e terra e no que o C.A.S.X. non está a acostumbrado a xogar. O equipo local foi moi superior. O descanso chegouse cun marcador de 2-0 e co negativa nova da lesión de Jaco nun xeonllo logo de un choque con un rival que agardemos que so se quede nun golpe. Na segunda metade o Almeiras foi incrementando pouco a pouco a súa desvantaxe fronte a un mermado C.A.S.X. 

O resultado que campeou no marcador o final dos 90 minutos foi o de 6-0. Quizais algo abultado para o que se viu no encontro pero está claro que non se lle pode reprochar nada os 12 xogadores que se desplazaron ó envite.

Once Inicial: David (c), Miguel Combo, Ale, Piru, Mario Novo, Antón, Jaco (Caske ´38), Antonio, Martín, Fran, Naveira.

Goles: 1-0 (Óscar 30), 2-0 (Brais 42), 3-0 (Brais 48), 4-0 Juan (77), 5-0 (Yeray 80), 6-0 (Juan 89)

Cartóns Marelos: Fran (´36)
Cartóns Vermellos: -

A vindeira xornada o C.A.S.X. xoga de novo como foráneo, o partido foi adiantado de mutuo acordo co C.D. Obrero para este xoves 1 de maio (festivo) a partires das 17,00 horas. Por fin Hassan poderá recuperar varios efectivos para o último partido da tempada coma visitante.


XUVENÍS: C.A.S.X. 1 - San Tirso 4


O equipo Xuvenil adestrado na tarde de sábado polo tandem: David & Piru pouco puido facer para intentar lograr a victoria diante do 4º clasificado logo de dispoñer tan so de 9 xogadores e con Lucas de improvisado porteiro.

O gol marelo foi obra de Iván Santos.

Unha vez máis agradecer os xogadores que viñeron a defender o escudo do clube a este partido.

Sodes grandes rapaces!

Ningún comentario: