luns, 5 de maio de 2014

Xornada 33: Derrota sen paliativos en Oleiros (A Crónica)


Foto xentileza de J.A.D.M. & Co.

Caeu claramente derrotado o conxunto marelo (o xoves de verde) en Oleiros fronte ó C.D. Obrero. 2 goles en cada metade do equipo local sentenciaron á Máquina Amarilla.

Destacar que o capitán e porteiro David non puido ser da partida polas molestias que arrastra logo das feridas que se produxo no anterior partido fronte ó Juvenil de Almeiras así que debutou como titular en competición oficial o porteiro do equipo Xuvenil Jorge Freire.

Pedro adiantaría o C.D. Obrero no minuto 25 e Darío de penalti no minuto 40 ampliaría a vantaxe para os locais. Con ese resultado chegouse ó descanso. Na segunda metade de novo Darío e de novo de penalti no minuto 53 e Álvaro Guillén no minuto 77 completarían o marcador final de 4-0.

ONCE INICIAL: Jorge Freire, Miguel Combo (Ale 61´), Piru, Antonio (Anxo 66´), Mario Novo (Martín 56´), Esteban, Dami (Antón 77´), Chino, Marcos Combo, Mario Varela, Luis Mato.

Goles:

1-0 Pedro
2-0 Darío (P)
3-0 Darío (P)
4-0 Álvaro Guillén

Tarxetas:

Amarelas: Esteban, Miguel Combo, Mario Novo, Ale

Vermellas: -

XUVENIL: Oza dos Ríos 8 - Atl. Sobrado 2

Despideu a Liga con unha derrota o equipo Xuvenil. Un conxunto que so puido viaxar o sábado con 9 xogadores. Felicitalos a todos eles e o míster Hassan por competir en inferioridade. Aínda así o conxunto marelo comezou gañando o encontro con un gol de Miguel López. Co paso dos minutos ter dous homes menos fixo mella no noso equipo. De novo Miguel López faría o outro gol da Minimáquina Amarilla.

Desexo felicitar os xogadores que habitualmente foron partícipes das convocatorias así coma o míster Isma García por que en moitos partidos competiuse empezando con menos xogadores dos 11 regulamentarios e iso é moi difícil. 

Para o ano intentaremos elaborar un plantel no que ninguén se borre e a xente compita de principio a fin da tempada.

Finalmente o C.A.S.X. Xuvenil queda clasificado na 10ª praza da táboa.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: