mércores, 14 de maio de 2014

Xornada 34: despedida da 2ª Autonómica con boa imaxe


O Atlético Sobrado perdeu 2-4 na derradeira xornada ligueira fronte o flamante novo equipo de 1ª Autonómica o Marino de Mera.

Os pupilos de Hassa, con un conxunto plagado de xuvenís fixo un gran partido fronte o campión da Liga. Antes de comezar o encontro a Máquina Amarilla fíxolle o pasillo de honra os campións.

Comezaríase adiantando o C.A.S.X. no minuto 28 con un espectacular gol de chilena de Chino, o pichichi do C.A.S.X. rematou con 19 tantos, unha gran cifra sen dúbida.

Empataría Diego no 34 e Algeli a piques de ir ó descanso estableceu o 1-2

De novo Algeli e Mario Rei darían vantaxe o cadro de Mera, no minuto 84, Esteban, o rexeite de un penalti establecería o definitivo 2-4.

Remata unha tempada que verdadeiramente serviunos para disfrutar, para aprender, para competir  e para facer moitas novas amizades.

Darlle a noraboa o equipo e o míster por que non sempre se deron as condicións óptimas para poder afrontar un encontro da esixencia de 2ª autonómica e aínda así o equipo dou a cara.

PARA A VINDEIRA TEMPADA MÁIS E MELLOR!

Once Inicial: Jorge; Miguel Combo (Caske 73´), Martín, Esteban, Mario Novo (Antón 80´); Anxo (Tomás Miraz 60´), Dani, Mario Varela; Chino, Isak, Miguel López.

Goles:

1-0 Chino
1-1 Diego
1-2 Algeli
1-3 Algeli
1-4 Mario Rei
2-4 Esteban

Cartóns:

Marelos: Miguel Combo, Mario Novo

Vermellos: -

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS




Ningún comentario: