luns, 10 de novembro de 2014

Xornada 10: o fútbol e as oportunidades foron de cor marela (A Crónica)


O Atlético Sobrado empata a un gol no derbi nun partido no que foi inmensamente superior. Marcos, cancerbeiro do Tambre foi a figura do equipo rosa. Fran fixo o gol marelo e estrelou un balón no traveseiro (14). Isak errou un penalti con 0-1 no marcador. A Máquina Amarilla medra co paso das xornadas.

O Atlético Sobrado fixo un dos mellores encontros no que levamos de competición na tarde de onte. O equipo que adestra Hassan xogou moi enchufado todo o partido e xerou fútbol en cantidade e calidade.

Os xogadores marelos sairon polos 3 puntos desde o pitido inicial e se non o conseguiron foi por que Marcos, cancerbeiro local, estivo colosal para atallar as acometidas do C.A.S.X.

Axiña comezou o C.A.S.X. a darlle velocidade ó encontro e logo de unha dura falta sufrida por Marcos Combo en banda dereita chegou a primeira oportunidade do encontro. Centra Fran e Esteban remata de cabeza cerca do pao dereito da portería do Tambre.

Na segunda oportunidade do C.A.S.X. chegou o gol, nunha xogada na que Fran entra en área e chuta moi suave engañando a Marcos entrando o balón polo lado esquerdo do gardarredes, era o minuto 19.

4 minutos despois a Máquina Amarilla tivo a oportunidade do 0-2 en botas de Marcos Combo pero o dianteiro xuvenil lanzou unha vaselina con pouca intensidade fronte a un porteiro local que saiu á desesperada a tapar o oco e que finalmente acabou blocando.

No minuto 31 River tivo que ser sustituido logo de sufrir un forte cobadazo na súa cabeza, 4 grapas o contemplan desde onte. Queda pendente de evolución para próximos encontros. Sustituiu a River Isak que tivo unha das oportunidades máis claras do encontro para ampliar vantaxe. Camiño agarra claramente a Naveira na disputa de un balón á saida de un córner. O colexiado decreta penalti pero non lle saca o segundo cartón marelo a Camiño que xa tiña unha amonestación anterior. O lanzamento do penalti foiselle por riba do longueiro a Isak.

Aínda antes do descanso tería outra oportunidade Naveira nun tiro que se foi desviado.

Chegabase ó descanso con 0-1 e coa sensación de que un 0-2 ou 0-3 sería o resultado máis xusto.

Na segunda metade máis do mesmo, co C.A.S.X. creando moito perigo por bandas e con Naveira filtrando e surtindo balóns entre liñas. Con un Fran inconmensurable e imparable e con Ivo facendo arte do que para él é algo habitual, o caneo. Con unha laboura defensiva non de 10, senón de 11, alonxando calqueira atisbo de perigo. Inexpugnables os dous centrais Mario e Esteban por arriba e os laterais que pelexaron coma dous auténticos portentos: Tomás e Iago. Con un Anxo incansable por diante da liña de centrais e con Isak e Marcos Combo levando perigo en cada acción.

Xogando así, tan descarado as ocasións tiñan que chegar e chegaron: entrada por banda de Ivo que regatea a todo defensa que lle sal ó paso, pase da morte para Fran e o tiro vaise fora rozando o pao cando na grada cantouse o gol.

Boa xogada de Isak por banda esquerda e logo de varias paredes Ivo plántase so man a man con Marcos e o gardaredes despexa o balón á desesperada. Na contra desa xogada marca o empate o Tambre por mediación de Iván Freire onde chega antes o balón que a saida de David.

O C.A.S.X. non se derrumbou e seguiu na procura da victoria. A seguinte ocasión foi de Fran, con un expléndido lanzamento desde fora da área coa súa perna menos boa que foi pegar ó largueiro da porteria do Tambre (14 - catorce -).

De novo Fran tería unha clara ocasión de gol nun forte lanzamento que Marcos dou parado coas súas costelas inextremis cando de novo se cantaba o segundo do C.A.S.X.

Isak foi o seguinte que estivo a piques de marcar nunha volea que enganchou e o seu lanzamento raso foi rexeitado por Marcos noutra gran acción.

Faltando 2 minuto para o final o capitán do Atl. Sobrado, o Casillas da Ciadella David tivo que ser sustituido logo de encontrarse mareado e Tomás exerceu os minutos de desconto (8) coma porteiro intervindo nunha gran acción logo de un centro do Tambre despexando de puños.

Aínda tería unha última oportunidade o Atlético Sobrado nun clamoroso erro defensivo da defensa do Tambre, o esférico quedou solto e Naveira a piques estivo de chutar para marcar a porta vacía pero un defensa local chegou por moi pouco  antes ó esférico.

Así pois táboas no marcador nun derbi no que o C.A.S.X. sae moi reforzado polo xogo que amosou nel. Normalmente estes partidos soen ser tensos e non se soe ver moi xogo. Onte ó aficionado que lle guste o fútbol, sexa do equipo que sexa seguro que saiu coa sensación de haber visto un gran encontro de fútbol.

Quero dar a noraboa polo gran partido a corpo técnico (Petete e Hassan) e  a todos os xogadores tanto os 12 de Sobrado que forman parte das convocatorias coma ó resto de plantel que non son naturais do pobo pero sinten as cores marelas e o nome do pobo tanto ou máis que calquera. Moitos foron criados aquí desde xuvenís ou cadetes e outros chegaron fai pouco pero estamos moi orgullosos de que formedes parte do noso clube, cada día que pasa ensinádesnos cousas, o voso traballo é increible. Un auténtico luxo de grupo!!!


ONCE INICIAL: David (Manu Costoya 89´), Tomás, Iago, Mario, Esteban, Anxo (Manu Paderne 85´), River (Isak 31´), Naveira, Ivo, Marcos Combo (Dani Martínez 71´), Fran.

Goles: 0-1 Fran

Tarxetas marelas: Fran 32´ , Isak 33´ , Iago 41´

Tarxetas vermellas: -

Con este empate o C.A.S.X. abandona a última posición en detrimento do Vizoño B por diferencia de goles totais.
Para a vindeira semana visita o Municipal de Sobrado o Encrobas que viaxa 3 puntos por diante na clasificación. De gañar o C.A.S.X. superaría tamén o equipo de Cerceda pola diferencia de goles.

O equipo Xuvenil pola súa banda viaxa ó Dani Mallo de Cambre para enfrontarse ó Sporting Cambre o vindeiro sábado a partires das 16,00 horas.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997





Ningún comentario: