venres, 12 de decembro de 2014

Xornada 15: Sp. Bribes - Atl. Sobrado (A Previa)



O Atlético Sobrado afronta este domingo unha das saidas máis difíciles da tempada. Visita a casa do Sporting Bribes.

O encontro disputarase no Campo de Lendoiro - A Barcala (Cambre) a partires das 17,00 horas e estará dirixido por Felipe Gómez Otero.

Complicado encontro pois o Sporting Bribes viaxa nestes momentos 2º na clasificación con 26 puntos e tan so 1 partido perdido (o último que xogou como local contra o Mesón do Bento 0-2).

O equipo viola gañou a Curtis (C), C.A.S.X. (F), Tambre (C), Encrobas (C), Pontecarreira (C), Vizoño B (F) e Curtis (F).

Empatou con Abellá B (C), Mesón do Bento (F), Mesía (F), Once Caballeros (C), e Abellá B (F).

Como dixemos antes so perdeu 1 encontro e foi co Mesón do Bento hai un par de semanas.

Os de Cambre suman un total de 24 goles a favor por tan so 14 en contra sendo o 2º equipo por detrás do Mesía que menos goles encaixa.

Na casa suma 12 goles a favor por 9 en contra. En Lendoiro sumou 14 puntos de 21 posibles.

Un dos seus máximos goleadores Óscar Vázquez (6 goles) non poderá xogar por estar sancionado logo de ser expulsado a semana pasada contra o C.C.D. Curtis.

Sí estarán outros goleadores do equipo como Sergio Rama (6), Jacobo Lorenzo (4) ou Alejandro Lema (4).

No equipo de Hassan toca lamentar a importante baixa do seu capitán e porteiro David, con unha fractura na clavícula e que será baixa por un período aínda por determinar. Toca darlle a alternativa á canteira e será o espigado e gran porteiro do equipo Xuvenil José Luis o que ocupará a portería do 1º equipo da Máquina Amarilla.

É dúbida Esteban aqueixado aínda do seu golpe no ollo esquerdo a semana pasada.

O equipo marelo conta os partidos da 2ª volta por victoria e enlazou ata o de agora 7 semanas consecutivas sen coñecer a derrota. O equipo está indo a máis e confía en despedir o ano (é o último partido pois para a semana toca xornada de descanso) con un resultado positivo que afiance a boa xeira de resultados que xa facía tempo que merecía por xogo e ocasións.

Podedes seguir o encontro como cada semana na nosa Conta Oficial de Twitter @AtleticoSobrado

*DESDE AQUÍ DAR TODO O NOSO APOIO E ÁNIMO Ó NOSO CAPI DAVID PARA QUE A RECUPERACIÓN SEXA O MÁIS LEVADEIRA POSIBLE.

#ANIMODAVID

XUVENÍS: Atl. Sobrado - U.D. Paiosaco H. Añón

A Minimáquina Amarilla recibe ó pechacancelas da clasificación o U.D. Paiosaco H. Añón, un equipo co que está empatado a 3 puntos pero a diferencia de goles fai que o conxunto marelo esté por riba.

Agardemos que pouco a pouco o equipo marelo vaia sumando efectivos logo das baixas de estas últimas semanas. Xa se podería ver algunha cara nova mañá no céspede do Municipal de Sobrado.

O encontro comeza as 16,00 horas e será dirixido por Manuel Casanova Vázquez.

Sorte a ámbolos conxuntos!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997



Ningún comentario: