Segundo dos 3 derbis sobradenses que Club Atlético Sobrado Xuventude e Tambre C.F. terán que disputar nesta tempada 2014/2015.
O conxunto que adestra Muni está a facer unha excelente campaña ocupando actualmente a 2ª posición da táboa clasificatoria con 36 puntos.
Mañá o Atlético Sobrado actuará como equipo local nun Municipal que por desgraza para o afecionado presentará un estado lamentable. O campo é un auténtico patatal e coa semana que lle caeu enriba e as predicións meteorolóxicas que auguran para mañá non parece que a cousa mellora. Agardemos que ningún dos dous equipos sufra lesións por mor do estado do terreo de xogo xa que este é propicio para esta causa.
O Tambre C.F. sumou 16 puntos como equipo visitante, 5 victorias (Once Caballeros B, Curtis, Pontecarreira, Encrobas e Vizoño B) e 1 empate no Mesón do Vento. Perdeu 3 partidos a domicilio contra Bribes, Mesía e Abellá B. Nestes partidos marcou un total de 25 goles e encaixou 15.
O seu máximo goleador segue a ser Cololo con 9 dianas, segueo Iván Freire con 8. 5 goles levan Nacho, Iván Cabado e Camino.
Causará baixa Jorge por sanción.
Polo que respecta o C.A.S.X. chega a este derbi con unha negativa xeira de resultados: 5 derrotas consecutivas. O equipo marelo quere competir ata o final e por iso sairá a por todas nos 12 partidos que restan de Liga.
Hassan dispón de todo o plantel agás dos lesionados por todos coñecidos. Non hai sancionados.
O encontro principiará as 17,00 horas e estará dirixido polo señor Vitor Recarei Añón. Podedes seguir o derbi en Twitter pola nosa conta oficial @AtleticoSobrado
XUVENÍS: Atl. Sobrado - Laracha B
A Minimáquina Amarilla abrirá a xornada do sábado no Municipal a partires das 12,00 horas. Enfróntase ó Laracha B, antepenultimo clasificado con 6 puntos. 2 máis que o noso equipo.
Desde a Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude queremos agradecer ó Laracha C.F. as facilidades amosadas para poder cambiar o horario do encontro pois coincidía co partido do equipo senior.
Arbitrará o encontro o señor Daniel Fraga Viñuelas.
Sorte os dous equipos!!!
#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997
Ningún comentario:
Publicar un comentario