venres, 8 de maio de 2015

Comunicado do Clube



No día de hoxe a Directiva do Atlético Sobrado Xuventude cerrou a fichaxe de unha nova incorporación para a tempada 2015/2016. Con esta son xa 5 as novas fichaxes para un renovado plantel. Como anunciamos días atrás chegan novos futbolistas de Sobrado e da Comarca ó clube. Nomes moi ilusionantes e de un alto nivel futbolístico, algúns deles veñen de xogar en categorías superiores e algún outro sorprenderá pola procedencia do clube que ven. O C.A.S.X. 2015/2016 xa votou a andar e segue a traballar para confeccionar o plantel con negociacións abertas para próximas incorporacións. En canto esté pechada a listaxe definitiva anunciaremos unha a unha as novas fichaxes.


‪#‎FORZACASX‬

‪#‎SOMOSAMARILLOS‬

‪#‎18ANOSDEHISTORIA‬

Ningún comentario: