luns, 28 de setembro de 2015

Sobraron dous minutos


Encontro de antigos compañeiros, que agora son rivais (no terreo de xogo). O Teixeiro S.D. foi o primeiro rival do C.A.S.X. nestra primeira xornada da tempada 2015/16 que se saldou coa victoria local por 2-1. O partido comezou co dominio da Máquina Amarilla, e fruto dese dominio chegou o gol de Miguel Folgoso, despois dunha boa xogada de José David que se foi da defensa, deixandolle en bandexa o 0-1. Transcurria o minuto 15. Cando parecía que podía chegar o segundo gol, nunha contra moi ben levada a cabo polo Teixeiro no minuto 26, chegaba o 1-1 despois dunha xogada desafortunada do C.A.S.X, que acabou co balón no fondo das redes en propia meta. O resto de minutos sucederonse con moito dominio no centro do campo, pero con poucas ocasions e así decretou o descanso o colexiado Alberto Arranz. Tempo que veu moi ben para hidratarse debido o calor que o sábado facía no campo do Carregal.
A segunda metade comenzou con dominio por parte do Teixeiro, e cun Atlético Sobrado que tentaba sacurdirse esa presión rival con contras moi perigosas. Varias ocasíons por parte dos verdibrancos que José Luis conseguiu desbaratar, ata que no minuto 94 ( 5 de desconto concedera o colexiado) unha internada por banda dereita de Manuel Paderne, acaba cun centro no segundo pao que Isaac libre de marca empurra o fondo da malla. Con este gol o colexiado decretou o final do encontro con resultado final de 2-1.
Boas sensacions as deixadas polos pupilos da dupla Manu/Osky, tendo en conta a gran cantidade de caras novas coas que conta esta tempada o equipo.
Esperemos que esta dolorosa derrota polo minuto no que se produciu, poida ter recompensa nos próximos partidos.

Aproveitamos dende aquí para agradecer o Teixeiro S.D. o trato recibido así como a placa coa que nos agasallaron antes do encontro.

Once inicia: José Luis, Miguel Combo ( Alberto Rama 76´), Marcos Piñeiro, Antonio Mosteiro, Cristian García, Miguel López ( Ismael García 45´), Wage Kori ( Rafael Fraga 81´), Jose L. Mato ( Rubén García 75´), José David Rodríguez ( Anxo Sánchez 45´), Angel Espido, Rubén Gómez.

Goles: 2-1 (Miguel  López 15´)

Tarxetas:

Marelas: Rubén Gómez Corral 45´

Ningún comentario: