luns, 5 de outubro de 2015

VICTORIA QUE SABE A GLORIA


Primeira victoria para o C.A.S.X na tempada 2015/16, e donde mellor que no municipal de sobrado ante a sua afición. O encontro non puido comezar mellor para os pupilos de Manu e Osky, xa que no minuto 37 xa se impoñía no marcador por 2-0 gracias os goles de Miguel Combo, resultado co que se chegou o tempo de lecer. A segunda metade arrancou cun empurrón por parte do Olimpico e cunha páxara da Máquina Amarilla de cinco minutos que lle costaron o empate. A segunda metade trascurriu con un C.A.S.X xogando a contra e tendo ocasións para sentenciar, pero no foi ata o minuto 94 cando Wage e derrubado o borde da área, sinalando o colexiado David Brun Pintor a correspondente falta. Do resto xa se encargou Angel Espido (Chino), quen con un maxistral disparo, colocaba o balón dentro da rede, establecendo o resultado final de 3-2. Cabe destacar tamén nestes primeiros encontros a gran actuación do porteiro José Luis, con maxistrales intervencións en momentos claves dos encontros.Con estos tres primeros puntos o C.A.S.X. situase quinto na clasificación. Próxima estación Abellá B.

Once inicial: José Luis, Isma, Piñeiro, Pirulo, Cristian, Rubén García (Rafa 53´), Wage, Mato (Alberto 71´), Miguel Combo, Angel Espido, Rubén Gómez.

Goles: 1-0 (Miguel Combo 17´)
           2-0 (Miguel Combo 36´)
           3-2 (Angel Espido 94´)

TA: (Wage Kori 89´)

#FORZACASX
#MAQUINAMARILLA
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: