martes, 11 de decembro de 2007

2 Victorias, 1 Derrota

2 Victorias e 1 derrota é a bagaxe de esta fin de semana das categorías federadas do Club Atlético Sobrado Xuventude. Na tarde do sábado o equipo de fútbol xuvenil impoñíase a domicilio o San Martiño por un contundente 0-4. A categoría feminina de fútbol sala non ía ser menos e impuxose no Pavillón Municipal de Sobrado a Hamburguesería Fame Negra por un claro 5-1. O equipo senior de fútbol non correu a mesma sorte na tarde do domingo e perdeu no derbi fronte o Toques por un axustado 0-1.

Fútbol Sala Provincial Feminina
C.A.S.X 5 - Hamb. Fame Negra 1
Victoria clara do equipo de Sobrado fronte a un rival de metade de taboa. A humidade que había no chan do Pavillón evitou que a goleada fose moito máis abultada. Axiña se había de poñer por diante o equipo de Hassan, concretamente no minuto 2 logo dunha excelente xogada de todo o equipo sería a pichichi María quen inaugurase o marcador.
No minuto 6 Luci facía o 2-0. Tras o saque de gol o equipo da Coruña marcaría o 2-1 con un punteirazo de medio campo que lle resbalou a Laura das mans. A pesar de ese pequeno erro a porteiraza de Boimorto cuallou un gran encontro.
O 3-1 e o 4-1 serían obra de Tamara Sandá que unha vez máis amosou a súa calidade e fixo levantar os aplausos do público que se dou cita no Pavillón Municipal de Sobrado. Pecharía a conta Tamara Fandiño con un bo gol escorada o lado esquerdo da portería visitante. O equipo segue quinto empatado co 4º clasificado e a 6 puntos do líder. Sen lugar a dúbidas este equipo está a brindarnos unha excelente campaña.
2ª Autonómica Xuvenil Grupo II
San Martiño C.F. 0 - C.A.S.X 4

Non pasou apuros o equipo marelo na súa visita o campo do colista San Martiño. O equipo que o sábado adestrou o tándem Esteban-Pazitos voltou a golear por segunda semana consecutiva a pesares de non contar con Pablo, Iván, Souto nin Carlos.

O equipo tivo infinidade de ocasións que na primeira parte non foi quen de aproveitar polo que se chegaría o descanso con un sorprendente 0-0. Na segunda metade por fin o equipo xuvenil abriría a lata polo que Diego Fragío faría o 1-0 e 2-0. O 3-0 sería un golazo obra de Miguel (o lateral dereito marca por segunda semana consecutiva) e pecharía a goleada o dianteiro Mario que non fallou na súa cita co gol.

Noraboa rapaces, para ser o primeiro ano vésevos con moitas gañas e empeño. Seguide así.


3ª Autonómica Senior Grupo IV
C.A.S.X. 0 - Toques C.F. 1
Un C.A.S.X. plagado de baixas non foi quen de poderse levar o derbi fronte o Toques. O cadro de baixas que presentou o equipo marelo foi o seguinte: Pirulo, Juan, Souto, Manu, Chino, Lofre, Simón e Cuco. Moitos deles titulares na gran maioría dos partidos de este ano. O equipo só puido presentar 12 xogadores o encontro (2 deles xuvenís) e notouno físicamente. A primeira parte foi bastante igualada e case non houbo chegadas a portería por ningún dos dous bandos, a ocasión máis clara tivoa o noso equipo con un penalti a favor tras unha man de un defensa do Toques dentro da área que se encargou de lanzar Nacho pero o porteiro toquense atinou ben para que lado ía o lanzamento despexando o balón.
Na segunda metade o Toques tivo máis posesión de balón pero tampouco creou excesivas oportunidades de gol. O Atlético Sobrado cometeu excesivas faltas nos laterais e o Toques colgaba balóns a área pero a defensa sobradesa encargábase ben de despexalos. O gol chegou nunha perda de balón de Roi en medio campo, o Toques crea unha contra e cando Bareto está chegando a área o xuvenil Iván derrubao o preto do pico esquerdo da área. A falta encargouse de tirala o propio Bareto que con fortuna marcou o gol logo de pegar na barreira e desviar totalmente a traxectoria do balón que entrou pegado o pao dereito da portería de Tino. Faltaban 12 minutos para o final.
O C.A.S.X. tras ese gol espabilou e comezou a atacar máis incisivamente. Iván nun lanzamento coa súa perna zurda puxo en apretos o Toques, o balón botou na área pequena e o porteiro visitante resbaloulle o balón das mans tendo a fortuna de que o balón se foi a córner en lugar de entrar na portería.
Iván voltaría a lanzar un tiro dende fora da área que o porteiro do Toques atallou ben. A última oportunidade tivoa Nacho nun lanzamento de falta no que o porteiro visitante fixo unha excelente intervención atallando o lanzamento coas duas mans. Ahí se acabou o partido.
Encontros da seguinte semana:

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II

C.A.S.X. - C.D. Larín 15/12/2007 Municipal de Sobrado 16:00

3ª Autonómica Senior Grupo IV

Oza dos Ríos C.F. - C.A.S.X. 15/12/2007 El Mundo del Fútbol 19:30

Fútbol Sala Provincial Feminina

Sal Lence Amarelle "B" - C.A.S.X. 15/12/2007 M. Santa Comba 20:00

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS



Ningún comentario: