luns, 7 de xaneiro de 2008

Gran victoria no campo do 5º clasificado

O Atlético Sobrado senior comezou ben o ano gañándolle a domicilio a uns dos "galos" da competición de 3ª Autonómica, a S.D. Vizoño "B".
A "Makina Amarilla" foi o único equipo federado do noso clube que disputou competición oficial nesta fin de semana.
O equipo adestrado por Lito presentouse en Vizoño coas baixas de última hora de Roy por enfermidade e de Esteban por motivos laborais polo que a expedición foi completada por xogadores da canteira que raiaron a un nivel moi alto.
O C.A.S.X. foi moi superior en todas as facetas do xogo dende o primeiro tempo (sacou 10 córners na primeira metade) e antes do descanso Nacho avisou o equipo local con un tiro o longueiro.
Na segunda metade o C.A.S.X. afinaría a súa puntería e sería o propio Nacho quen abriría o marcador no minuto 52. 2 minutos máis tarde Josito marcaría o 0-2 que daba a tranquilidade o Sobrado no marcador que non tivo problemas para manter o resultado. Xa no último minuto de encontro o colexiado do encontro pitaría un penalti a favor do Vizoño "B" que só el viu. O penalti sería transformado polo equipo local. E pouco máis tarde chegaría o final do encontro.
Con esta victoria por 1-2 o C.A.S.X. chega os 20 puntos e adianta tres postos na táboa clasificatoria (ponse por diante de Oza dos Ríos, Mesía e Dorneda "B").

Nada máis polo de agora.

Saudos

Forza C.A.S.X

1 comentario:

ToquesCF dixo...

sin palabras, gran triunfo do Sobrado, ante un dos fortes da competición. Noraboa