luns, 25 de febreiro de 2008

Maioría de derrotas nesta xornada

Non foi boa a xornada en termos xerais para o Club Atlético Sobrado Xuventude, tan só gañaron as categorías alevín e cadete, o resto de categorías perderon os seus partidos.

Arrincou a xornada o sábado pola mañan cos partidos das categorías inferiores, os resultados foron:

ALEVÍN:

C.A.S.X. 5 - Concello de Vilasantar 2

INFANTIL:

C.A.S.X. 2 - Concello de Vilasantar 11

CADETE:

C.A.S.X. 2 - Concello de Vilasantar 0

Na tarde do sábado disputaban os seus encontros o equipo xuvenil e o equipo feminino, ambos perderon:

o equipo xuvenil enfrontábase o Paiosaco Hierros Añón, 3º clasificado do grupo, no Municipal de Sobrado. Adiantouse os 5 minutos o equipo visitante nun erro defensivo pero Pablo Naveira axiña ía empatar, voltaríase a poñer por diante o equipo de Paiosaco pero na seguinte xogada Pablo Naveira logo de regatear a 5 rivais establecía o 2-2 co que se chegaba o descanso.
Na segunda metade nada máis comezar, Pablo Naveira logo dunha excelente vaselina ía por o 3-2 no marcador logrando así o pichichi dos xuvenís un hat-trick pero de pouco valeron os goles do dianteiro pois o Paiosaco ía lograr empatar a 3 e minutos máis tarde logo de unha mala marca nun saque de curruncho, o Paiosaco marcaría o 3-4 definitivo. O C.A.S.X. seguiu intentando empatar o partido e incluso lle foi anulado un gol de cabeza a Mario por fora de xogo. Non puido ser.

O equipo feminino desplazouse a Vimianzo pero non foi quen de traer nada positivo na súa viaxe.
Enfronte tiña a un dos mellores equipos da categoría, o Fisober F.S., a pesares de adiantarse no marcador, as xogadoras sobradesas foron perdendo o descanso 2-1.
A segunda metade foi un intercambio de goles entre os dous equipos: 2-2, 3-2, 3-3, ata chegar o 4-3 final.
De todos os xeitos felicitar unha vez máis o equipo feminino que está a facer un campañón.

O choque estrela da xornada agardábanos para o domingo pero o C.A.S..X. non foi quen de traer nada positivo da súa visita o campo do imparable líder a S.D. Pontecarreira.
O Atlético Sobrado acusou a rigurosa expulsión de Carlos os 20 minutos por dobre cartón marelo e estivo a merced da S.D.Pontecarreira na primeira metade que incluso fixo un tiro o pao, aínda así o C.A.S.X. mantivo o tipo e chegou co empate inicial o descanso.
Os 3 minutos da segunda metade a S.D.Pontecarreira íase adiantar no marcador e minutos máis tarde chegaría a xogada polémica do encontro xa que logo de un tiro de Souto que xa entraba un defensa da Pontecarreira quita o balón da liña de gol coa man, polo tanto era penalti e expulsión, o colexiado non o viu e seguiuse o partido coma se non pasase nada.
Minutos despois a S.D. Pontecarreira cerfificaría a súa victoria logrando o 2º e definitivo gol do partido.
Polo tanto con este resultado o equipo de Lito perde a súa imbatibilidade nesta 2ª volta, o equipo non perdía un partido dende o 16 de decembro e neste tempo tan só cedeu un empate fronte o Boimorto C.F. e unha derrota fronte a S.D. Pontecarreira. De tódolos xeitos FELICIDADES A LITO E OS SEUS XOGADORES.

Con este resultado a SD Pontecarreira é máis líder logo que o Cire Melide non pasase do empate a 0 goles no campo do Atlético Perillo e o Boimorto empatase a 2 goles na súa casa fronte o Visantoña.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: