martes, 12 de febreiro de 2008

Unha actitude lamentable

Pois si amigos, a nova triste de esta fin de semana foi o partido de xuvenís que "disputou" o C.A.S.X. fronte o Oza dos Ríos no Campo de Fútbol de Curtis. Digo partido por non decir guerra pois o Oza encargouse de arrear todo o que puideron (cando non foi co pé foi coa man) e por riba os responsables do equipo da comarca de Betanzos increpaban os nosos xogadores decíndolles que o fútbol e cousa de homes e non de "maricóns". Eu tan só quero felicitar os responsables do Oza pois penso que xa teñen preparado o seu equipo para asistir a 3ª Guerra Mundial, así que xa saben, cando queiran que os manden o campo de batalla que os seus "homes" xa están preparados para a loita.
A actitude do Oza foi denigrante pero a permisividade do colexiado non o foi menos que unha vez máis e xa van 3 nesta tempo o señor colexiado Don Rubén Rivas Rodriguez (qué non sei que carallo lle pasa co Club Atlético Sobrado Xuventude) encargouse de que nos levasemos as patadas, as agresións e duas expulsións por protestar: intentounos fastidiar fronte o Visantoña (3 expulsados, 2 na primeira metade) e fronte o Encrobas (Carlos expulsado no minuto 20) que agora tamén en xuvenís nos deixou con 9 xogadores antes do descanso. Qué casualidade dende hai 3 meses non tiñamos ningún expulsado nin en seniors nin en xuvenís agás cando pita este colexiado (6 expulsións en 3 partidos), CURIOSO, MOI CURIOSO.

Vou narrar como ocurreu todo, o partido transcurría con 0-0 cun Oza demasiado agresivo empregando o xogo duro e utilizando os codos o saltar no minuto 40 o "encargado de dirixir o xogo" comeza a verbena, según reza a acta que é de risa pon: "D. Miguel Combo Aller dorsal nº 2 expulsado por doble amarilla, la 1ª en el minuto 40 por protestar una decisión mía y la 2ª en el minuto 45 por decir textualmente: que iban ( a todo esto puxo "ivan" en vez de "iban" 12 contra 11). EN NINGUNHA DAS DUAS PROTESTAS HOUBO INSULTO NIN OFENSA. "D. Iván Cabado Roca dorsal nº 4 expulsado por doble amarilla la 1ª en el minuto 40 por protestar una decisión mía y la 2ª por zancadillear a un contrario minuto 45 (MENTIRA PORQUE FOI POR UNHA PROTESTA NA QUE NON HOUBO INSULTO).
Logo chegouse o descanso co C.A.S.X. con 9 xogadores sen dar "leña" e o Oza con 11 xogadores a pesares de xogar por riba do legal.
Na segunda metade no minuto 50 o Club Atlético Sobrado Xuventude fai a machada a Pablo marca adiantandose 0-1 o Oza, no seu remate de gol Pablo cae o chan e o capitán do Oza tras ver que Pablo marca o gol intentalle dar unha patada que non o alcanza, Pablo levántase cara o noso campo para evitar a agresión pero o capitán do Oza tíralle un puñetazo que alcanza a mandíbula de Pablo que cae o chan (NON SEI SE O CHAVAL ESTE TEN ALGÚN PROBLEMA PSICOLÓXICO PARA PEGARLLE A UN RIVAL POR MARCAR UN GOL). Agora chega o curioso do asunto: HASSAN, O ADESTRADOR DO C.A.S.X. DILLE O COLEXIADO QUE EXPULSE O CAPITÁN DO OZA POLA AGRESIÓN E SORPRENDENTEMENTE O COLEXIADO DI QUE NON VIU NADA, INCRIBLE!

Hassan coméntalle que se non expulse a este "salvaxe" retira o equipo pois non está disposto a que haxa máis agresións, o colexiado non expulsa o capitán e Hassan acertadamente decide retirar o equipo do campo, o colexiado redacta na acta de esta forma:

"Atlético Sobrado Xuventude hace los hechos siguientes: en el minuto 50 del partido tras marcar el gol el dorsal 10 y dirigirme yo hacia el medio del campo cae en el campo y pido asistencia ya que me dice el jugador que le dan un golpe en la cara, el delegado entonces dice que expulso al que da el golpe o se van "yo le respondo que no vi nada y no voy a expulsar a nadie si no vi la acción o golpe" (qué cínico é este tío) y entonces abandonan el campo "se marchan".
Nº 10 D. Pablo Naveira López termina el partido con un golpe en la mandíbula.
Nº 7 D. Francisco Javier Miraz Ares golpe en la pierna derecha al terminar el partido."

O que está claro é que por riba de sufrir agresións agora vannos sancionar coa perdida de 2 puntos e unha sanción económica por retirar o equipo do partido. Pero sinceramente a directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude preferimos esto a que un xogador chegue coa cara rota a casa.
Non creo que o colexiado se ten conciencia puidera durmir moito na noite do sábado, non creo que un equipo que vai gañando 0-1 acostumbre a retirarse dos partidos.
Polo tanto o C.A.S.X. marcou o gol, levou as expulsións e as HOSTIAS (se me permitides a expresión).

Polo que respeta o equipo feminino colleitou unha derrota na súa visita a Ordes polo tanteo de 2-0, o C.A.S.X. non tivo o día de cara a gol e marrou multitude de oportunidades.

O equipo senior de fútbol segue a marcar unha brilante segunda volta, o sábado voltou a gañar, eso si, con susto incluido o Dorneda B polo resultado de 4-5.
O equipo de Lito puxose gañando na primeira metade polo resultado de 0-4 con goles de Souto en 2 ocasións, Chinorris e Juan, o equipo de Dorneda marcaría o 1-4 antes do descanso. Na segunda metade en 7 minutos fatídicos o Dorneda B ía empatar o encontro a 4 goles pero unha vez máis Chinorris co enésimo lanzamento maxistral desta tempada de falta por riba da barreira estableceu o resultado final de 4-5. Este está a ser o ano da explosión definitiva de Chinorris que a pesares que retrasou a posición no campo de dianteiro a medio centro leva máis de 20 goles unindo a calidade que sempre tivo a entrega e derroche físico que aunou esta tempada que fan del un xogador de alta calidade. Agardo particularmente que non baixe a garda e siga demostrando o gran futbolista que é. O C.A.S.X. acada os 33 puntos empatado con Toques e Visantoña que están situados no 7º e 6º posto respectivamente.

Polo que respecta a competición de Deporte Escolar os máis pequenos seguennos a dar alegrías e impuxeronse nos 3 partidos que disputaron na mañán de sábado o Concello de Monfero, estes foron os resultados:

Alevín: C.A.S.X. 5 - Monfero 3
Infantil: C.A.S.X. 11 - Monfero 2
Cadete: C.A.S.X. 9 - Monfero 1

Nada máis, FORZA C.A.S.X.

O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE CONDENA CALQUER ACTO DE VIOLENZA.

XOGO LIMPO!

3 comentarios:

ToquesCF dixo...

A verdade e q este colexiado non sei se xa vendra de fai poucos anos. É lamentable q ocurre iso nesas categorias, moi lamentable

Víctor Cabanas dixo...

Falando con Eduardo Galán e con Eduardo Rodríguez do Colexio de Árbitros comentaronme que este chaval debuta arbitrando este ano e que as veces "acongojabase" un pouquiño cando vía que o increpaban.

Unha lástima, levamonos os golpes, as expulsións, as sancións, íamos gañando e o Oza lévase os puntos.

Así están as regras do fútbol, coma en boxeo o que aguante máis sobor do ring gaña o combate.

Tristisimo!

oza dos rios c,f dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.