luns, 18 de febreiro de 2008

Xornada fructífera

Pódese calificar de moi boa a xornada que tivo o C.A.S.X. nas diferentes categorías.

O sábado pola tarde o equipo xuvenil de fútbol arrincaba un valioso empate no campo do Unión Campestre a pesares de dispor tan só de 11 xogadores debido as sancións polo que Andrés (porteiro) tivo que actuar coma xogador de campo e sería tamén quen marcou o gol do empate sobradés, o propio Andrés tivo outra oportunidade para poder gañar o encontro, o final, reparto de puntos 1-1.

O equipo feminino de fútbol sá sacou con solvencia o seu encontro fronte o colista Esteirana F.S. as xogadoras de Hassan venceron por un claro 5-2 (xa o descanso o marcador reflectía un 2-0 para o equipo de Sobrado).
As goleadoras foron María en 2 ocasións, Lucía, Tamara e Sandra.

O equipo senior de fútbol acadou unha importantísima victoria que o ubica no 6º posto logo de gañar onte o San Martiño C.F.
Adiantaríase o equipo de Cerceda nunha contra pero rapidamente empatou Nacho nunha carambola na que logo de rebotarlle o esférico no abdome o balón entra na portería visitante.
Jacobo ía marcar o 2-1 logo de recoller un balón na área grande, o seu disparo moi ben colocado entrou pegado o pao da portería do San Martiño.
Con este resultado chegouse o descanso.
O pichichi do equipo Chinorris buscaba o gol con un excelente lanzamento de falta pero o balón batía no longueiro e logo botaba na líña e saía pero no seguinte lanzamento de falta ía poñer terra de por medio cun lanzamento lonxano que logo de pegar no pao entrou na portería cercedesa.
O San Martiño logo de uns momentos de dúbida recurtaría distancias e logo de 8 minutos de desconto o colexiado pitou o final.

FELICIDADES POIS A TODAS AS CATEGORÍAS.

FORZA C.A.S.X.

2 comentarios:

ToquesCF dixo...

Sin lugar a dudas o mellor equipo da segunda volta, como o Almería. Noraboa Sobrado e noraboa tamén polo blog

Unknown dixo...

Je, je, je, gracias tio, se lle gañamos o domingo o líder, a S.D.Pontecarreira si que seremos o mellor equipo da segunda volta, eles levan todo victorias e nós todo victorias agás un empate fronte o Boimorto C.F., a ver que pasa.

Saudos e sorte o Toques.