martes, 22 de abril de 2008

Resultados da fin de semana

Os 6 encontros que as nosas categorías disputaron nesta fin de semana (todos fora de Sobrado) saldaronse co balance total de 2 victorias e 4 derrotas na xornada desta fin de semana. As victorias correron a cargo do Equipo Benxamín en Miño e do Equipo Feminino en Carral. As derrotas foron a cargo do Equipo Benxamín en Coirós (unha de cal e outra de area), do Equipo Infantil en Miño, do Equipo Xuvenil en San Pedro e do Equipo Senior no derbi fronte o Toques C.F.

COMEZAMOS:

- DEPORTE ESCOLAR:

· BENXAMÍN: E.D. Coirós 5 - C.A.S.X. 3
· INFANTIL: E. D. Miño 10 - C.A.S.X. 3
· BENXAMÍN: E.D. Miño 1 - C.A.S.X. 4

- 2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II:

Atl. San Pedro 2 - C.A.S.X. 1 (Diego Amil)

O equipo xuvenil perdeu unha oportunidade de ouro para distanciarse do Atlético San Pedro logo de perder pola mínima en terreo alleo. Xa o descanso o Atlético Sobrado perdía por 2-0, na segunda metade o equipo marelo reduciría distancias con un gol de Diego Amil. Neste encontro o equipo de Sobrado contou coas baixas do capitán Javi Sánchez, Ruchi e Diego Fragío.

- LIGA PROVINCIAL FEMININA DE FÚTBOL SALA:

As xogadoras adestradas por Hassan seguen a ser o conxunto revelación da presente tempada na Liga Provincial e voltaron a gañar en Carral ó Fame Negra F.S. polo resultado de 1-2. O equipo sobradés contaba coa importante baixa de Tamara Sandá pero aínda así foi quen de impoñer a súa superioridade no rectángulo de xogo.
Todos os goles do encontro chegaron na primeira metade, o 0-1 sería obra da capitana do equipo María Seoane que unha vez máis acodeu a súa cita co seu compañeiro de baile de cada sábado (o gol) para adiantar o C.A.S.X. Posteriormente Sara marcaría o 0-2 que daba a tranquilidade o Atlético Sobrado no electrónico. O equipo da "Vila dos Mártires" reduciría diferenzas antes de chegar o descanso polo que a metade do tempo regulamentario xa se chegaría co resultado que a postre sería definitivo de 1-2.
O equipo feminino (que a partir de agora vouno comezar a denominar AS FABULOSINHAS)segue na 3ª posición da táboa clasificatoria loitando con equipo que teñen un alto presuposto e que pagan as súas xogadoras polo que é deber de toda a directiva e afeccioados do C.A.S.X. felicitar (e non me canso de repetilo) o gran traballo que está a facer o corpo técnico e as xogadoras do equipo. AÍNDA NON SOMOS CONSCIENTES DO QUE O EQUIPO FEMININO ESTÁ A ACADAR ESTA TEMPADA, CANDO PASE ALGÚN TEMPO DARÉMONOS CONTA DA PEDAZO TEMPADA QUE ESTÁN A FACER.
Seguide así rapazas.

- 3ª AUTONÓMICA GRUPO IV:

Toques C.F. 3 - C.A.S.X. 0

O C.A.S.X. rendialle visita o Toques C.F. no último derbi da tempada para o equipo de Sobrado. Un Toques que está a cuallar unha espectacular tempada e que ocupa nestes intres unha máis que meritoria 4ª posición na táboa clasificatoria. Dende a directiva do C.A.S.X. alegrámonos de estes resultados sobre todo polo que fora xogador da nosa entidade o seu capitán Xelo.
A Makina Amarilla tivo que disputar este encontro coa baixa dos seus dous capitáns por lesión Esteban e Pirulo polo que xuvenís como Ruchi, Diego Fragío, Souto ou Carlos foron participes do encontro.
A pesares do abultado resultado o equipo marelo fixo un digno encontro e o resultado do primeiro tempo foi de empate a 0-0 goles onde o C.A.S.X. levou máis peso do partido que o seu rival.
Na segunda metade o Toques impuxo a súa condición de local e íase adiantar de penalti o cuarto de hora da segunda metade. Preto do minuto 30 faría o segundo e minutos despois pecharía o encontro con un magnífico gol de Carril de vaselina.
Aínda que para nada influiu no resultado o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE quere denunciar o seguinte:

O COLEXIADO DO ENCONTRO, O SEÑOR GONZÁLEZ VAQUERO PITOU O FINAL DO ENCONTRO NO MINUTO 87, É DICIR, ANTES DOS 90 REGLAMENTARIOS E OBVIANDO QUE NO ENCONTRO HOUBO 5 CAMBIOS, QUE SEGUNDO A "INTERNATIONAL BOARD" (ORGANISMO QUE RIXE AS REGLAS DO FÚTBOL) POR CADA CAMBIO FEITO O ÁRBITRO TEN A OBRIGA DE DESCONTAR 30 SEGUNDOS, POLO TANTO COMO MÍNIMO O PARTIDO TERÍASE QUE HABER DISPUTADO ATA O MINUTO 92:30.
POR RIBA, CADA VEZ QUE QUITABA UNHA AMONESTACIÓN VIÑA O BANQUIÑO PARA APUNTAR O CARTÓN (NON CREO QUE SEXA DE RECIBO ESTO).
ANTE AS PROTESTAS DO NOSO ADESTRADOR LITO LOGO DE PITAR O FINAL ANTES DE CUMPLIR O TEMPO REGULAMENTARIO O COLEXIADO NUN ACTO DE HUMILLACIÓN VERBAL PARA CON NÓS DIXO OS SEGUINTES TERMOS: "QUE PENSAIS? QUE VAIS A REMONTAR?"

VERGONZOSO!!!

O FÚTBOL NEN O SEU DESENROLO NON MERECEN ESTE TIPO DE PERSOAS DIRIXINDO UN ENCONTRO, OS PARTIDOS TÉÑENSE QUE DISPUTAR NA SÚA TOTALIDADE SEXA O RESULTADO QUE SEXA!!!

CON ESTAS ACTITUDES O FÚTBOL AFECCIOADO NUNCA EVOLUCIONARÁ!!!

POLO TANTO, DENDE O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE PEDIMOS QUE SE CUMPLAN AS REGLAS UNIVERSAIS DO FÚTBOL.
O TEMPO REGLAMENTARIO DOS PARTIDOS É DE 90 MINUTOS MÁIS O TEMPO QUE HAXA QUE ENGADIR POR PARÓNS NO XOGO.

SE UN COLEXIADO DECRETA O FINAL DO ENCONTRO ANTES DO MINUTO 90 E NO CITADO PARTIDO NON HOUBO NINGUNHA ANOMALÍA ESTAS A ADULTERAR A COMPETICIÓN SEXA CAL SEXA O RESULTADO.

PEDIMOS RESPETO PARA OS CLUBES MODESTOS.

GRAZAS.

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: