martes, 6 de maio de 2008

O equipo Senior pecha con derrota a tempada



Non puido ser e o equipo Senior caeu non seu desplazamento a Poulo.
O equipo marelo, firmou unha tempada irregular con altos e baixos, enganchado unha racha moi positiva de victorias o comezo da segunda volta do campionato pero logo colleitando 9 derrotas de xeito consecutivo.
As numerosas baixas por lesión acuciaron a un equipo que tiña plantel a comezo de tempada para estar máis arriba do 14º lugar que ocupou o final de Liga.
No partido do domingo, o Poulo adiantouse de penalti a 2 minutos do descanso por un claro derribo de Iago dentro da área do C.A.S.X.
Os dez minutos da reanudación un defensa local ía cometer penalti por unha clara man dentro da área, o pichichi marelo Chinorris marcaría o empate a 1 gol.
O partido íase decantar para os locais faltando 17 minutos para o remate do encontro logo da salida de un córner no que o porteiro xuvenil Carlos Martínez non logra arrarar un balón que queda solto dentro da área pequena e no que un xogador do A.C.D. Poulo libre de marca remacha o fondo da rede.
É certo que o encontro non tivo excesivas oportunidades debido as reducidas dimensións do campo de Poulo (un dos máis pequenos da categorías).
O fútbol directo predomina sobre o fútbol de toque e os porteiros buscan saques largos pois poñen o esférico na área rival con certa facilidade.
A frase da xornada puxoa un "incondicional, peculiar e clásico" afeccioado do Poulo que todos os anos que imos alí a xogar a emprende co árbitro e co equipo rival. A frase foi a seguinte: "ÁRBITRO, HAI QUE SER MÁIS DOMÉSTICO". Que quixo dicir o afeccioado con esta frase? que estaba pitando en contra dos desexos seus ou ben que o colexiado non era manso? a dúbida quedará no aire...

O C.A.S.X. agora afronta a Copa de A Coruña a partires do domingo 18 de maio fronte o Paiosaco (rival de 1ª Autonómica) no Campo Municipal de Sobrado a partires das 17:30 horas.

SAUDOS

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: