martes, 20 de maio de 2008

Os seniors caen eliminados e xuvenís e feminino golean

Rematou a Competición para os equipos senior, xuvenil e feminino. O equipo senior non puido dar a sorpresa fronte o Paiosaco de 1º Autonómica e tanto os xuvenís coma o equipo feminino golearon para selar un brilante peche de tempada.

Xuvenís:

C.A.S.X. 5 - Pastoriza 1

O equipo marelo devolveulle o 5-1 que o Pastoriza lle infrixira na primeira volta o equipo xuvenil.
Diego Amil acadou un "hat-trick", os outros dous goleadores foron Mario Novo e o pichichi Pablo Naveira.
Con esta victoria o Atlético Sobrado acada a 7º praza na clasificación final do Grupo II de 2ª Autonómica.

Feminino:

C.A.S.X. 5 - Brión C.F. 0

Excelente partido do equipo feminino que a pesares de disputar o partido na mañán do domingo puxeron toda a carne no asador e golearon sin piedade o Brión C.F.
A pichichi María foi a estrela do partido o lograr os 5 goles do Atlético Sobrado acadando así a nada desprezable cifra de 35 goles nesta tempada que acaba de rematar.
O equipo adestrado por Hassan pecha a tempada nunha brilante 5ª posición.

Senior:

C.A.S.X. 0 - Paiosaco C.F. 3

Non puido dar a sorpresa na 1ª rolda da Copa de A Coruña o equipo de Lito e caeu fronte o Paiosaco, rival de 1ª Autonómica aínda que xa descendido o quedar en antepenúltima posición nesta campaña.
O Atlético Sobrado plantou cara na primeira metade do encontro e foi superior o seu rival, incluso o colexiado D. Julián Brea Sánchez anulou un gol que era legal a Josito o estimar fora de xogo do mediocentro de Curtis cando os dous centrais do equipo verde e branco anulaban o fora de xogo.
Na segunda metade o Paiosaco ferido no seu orgullo por non dar superado a un rival duas categorías inferior saiu co cuchilo entre os dentes pero antes o señor Brea Sánchez voltaría a ser o protagonista do encontro logo de expulsar a Chinorris por dous cartóns marelos en sendas faltas máis que discutibles. Quedábase así o conxunto local con 10 homes no minuto 55.
No minuto 60 chegaría o primeiro gol visitante logo de unha falta lateral a prol do Paiosaco, o central Brais, libre de marca anotaba de cabeza fronte a desesperada saida do porteiro Carlos Martínez.
O 2º e 3º gol chegarían nos minutos 65 e 70 logo de dúas boas xogadas do equipo visitante e ante un Sobrado que logo da expulsión e o primeiro gol baixou os brazos fronte un rival superior.
Remata así a tempada para a Makina Amarilla na que o aspecto positivo da tempada foi a reacción que experimentou dende o mes de xaneiro ata marzo e o negativo a plaga de lesións e as baixas de xogadores.

Nada máis polo de agora.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: