martes, 13 de maio de 2008

Resultados

Moi boas, as Ligas apuran os seus peches, esta fin de semana as categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude disputaron un total de 5 partidos cos seguintes resultados:

FASE FINAL PROVINCIAL BENXAMÍN:

C.D. Conxo 11 - C.A.S.X 0 (Semifinais)

O conxunto santiagués, campión de Galiza non dou opción os nosos xogadores e goleou no partido de sábado pola mañán.

E.D.M. Fisterra 8 - C.A.S.X. 3 (Final Consolación)

O equipo das Escolas Deportivas Municipais de Fisterra impúxose o noso equipo na final de consolación. Os 3 goles do Atlético Sobrado acadounos Alvarito.

2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II

Lubre C.F. 0 - C.A.S.X. 1

O conxunto de Muni acadou unha importante victoria a domicilio no difícil campo de area de Lubre. O único gol do encontro foi marcado polo capitán Javi.

LIGA PROVINCIAL FEMININA FÚTBOL SÁ

Mesón Rio Ulla "B" 1 - C.A.S.X. 5

O equipo de Hassan goleou na súa visita a Vedra. Os goles do noso equipo foron marcados por Tamara Sandá, María (3) e Sandra.

C.A.S.X. 1 - Sal Lence Viajes Amarelle "B" 2

O equipo de Sobrado acusou o cansanzo de xogar 2 partidos en menos de 24 horas e non puido quitar nada positivo no seu enfrontamento do domingo. O gol local foi marcado pola capitana e pichichi María que co gol acadado o domingo chega a impresionante cifra de 30 goles nesta tempada.

Saudos

FORZA C.A.S.X.


Ningún comentario: