martes, 17 de xuño de 2008

Comunicado Oficial


Reunida a Xunta Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude no día de onte quere expresar o seguinte:

ANTE RUMORES INTERESADOS DE EQUIPOS VECIÑOS DECIR QUE O CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE SEMPRE TIVO A INTENCIÓN DE SEGUIR PARTICIPANDO EN COMPETICIÓNS OFICIAIS NA TEMPADA 2008/2009.

Polo tanto, solicitamos a "certos" equipos e os seus adestradores que deixen de utilizar esta "argucia" para tocarnos xogadores, pois con este tipo de mentiras o único que conseguiran é crear malas relacions para co noso clube.

Grazas!!!

En vindeiros días comezaranse a presentar neste blog fichaxes das diferentes categorías para afrontar a tempada 2008/2009 que se preve moi ilusionante.

FORZA C.A.S.X.

2 comentarios:

ochoto dixo...

Lato,teño unhas preguntas para facerche.Son rumores que estan a circular por esta vila e teñennos conmocionados.
1-E verdade que lle fixestedes unha oferta en firme (bastante cuantiosa) para que Pacitos se volva a vestir de corto?.
2-En caso afirmativo.Non creedes que poidar aparecer malos rollos por fichar un galactico nun equipo de currantes (menos o Chino)?.
3-E verdade que o Negro cambiou de marca deportiva que o viste?.Pode ser Barcelotto.
4-E por ultimo.E verdade que se lle vai a mercar a Petete un carro marca-campos novo, que pinte as liñas dereitas?.Non creedes que o xogo do equipo podese resentir con este feito?.
Esperando que poidas respostarme as miñas preguntas, masdovos un saudo e unha aperta a todos (e o cabron que me escribeu no coche tamen).
ILLA,ILLA,ILLA, LATO VAI TER UNHA FILLA.

Unknown dixo...

Qué pasa Neira-Crack! intentarei responderche o máis breve posible:

1. É certo que fixemos a oferta para que Pazitos vista de curtos pero desta volta sera na sección de "Anillas" para participar nos Xogos Olímpicos de Pekín 2008.
2. Non haberá malos rollos pois Pazitos dende que foi a Cuba veu máis "relaxado". Polo que respecta o Chino comprarémoslle un buzo a ver se así da o pego.
3. O Negro agora viste Nike (Nike que lavarlo y Nike que fregarlo).
4. Máis que mercar un carro novo para Petete o que hai que facer e que soldalo que xa rompeu, ten traballo Pirulo.

Polo que respecta a filla agardo que se a teño sexa moito máis para adiante, non asustes coño que non está esto para "luxos".

P.D: o cabrón que che escribiu no coche fun eu! je je je.

Cuidate fenómeno