luns, 18 de agosto de 2008

Victoria nos penalties fronte a un rival de 2ª Autonómica

O Club Atlético Sobrado Xuventude de categoria senior non puido comezar de mellor xeito a primeiro partido de pretemporada.
A pesares de que aínda non comezaron os adestramentos o equipo marelo foi quen de arrebatarlle en campo alleo o Torneo de San Roque o Parga C.F. , un equipo que o ano pasado rematou no 5º lugar da 2ª Autonómica lucense.
No partido xa debutaron a maioría das incorporacións para esta nova tempada: Isaac, Miguel Liboreiro, David, Alex, Vigo, Pichi (logo de dous anos de inactividade) e Javi e Andrés (que soben do equipo xuvenil). Destacar que o Atlético Sobrado contou coas importantes baixas para este partido de Pirulo, Luis (volta logo de un ano en branco) e Nacho.

No comezo do encontro a "Makina Amarilla" sorprendeu o seu rival e nos primeiros 10 minutos o dominio foi claramente visitante a pesares do numeroso público local que animaba o seu equipo, o Parga C.F. Nunha das primeiras xogadas Chinorris estivo a punto de marcar logo de unha gran xogada persoal que rematou cun excelente dereitazo pero que o porteiro local atinou a rexeitar facendo a parada do partido.
O C.A.S.X. seguiu co seu dominio facendo dano por ambas bandas e Isaac tivo nas súas botas o 0-1 logo de un remate que ía axustado o pao. o porteiro do Parga rexeita, o balón vai cara a portería pero nun derradeiro esforzo o cancerbeiro vermello logra deter o esférico na liña de gol.

No minuto 39 íanse adiantar os locais logo dunha recuperación en medio campo que sorprende a defensa sobradesa, e nunha demostración de velocidade por parte dos dianteiros locais o número 11 regatea o porteiro do C.A.S.X. Andrés, e marca a porta valeira.

Chegábase o descanso con 1-0.

Na segunda metade o C.A.S.X. adiantou liñas, puxo o coitelo entre os dentes e foise a polo empate. E ía chegar no minuto 73 logo de que David (que debutaba onte na dianteira) recibira un balón dentro da área, un defensa do Parga chega tarde e derriba o xogador sobradés. O colexiado decretou penalti, Chinorris sería o encargado de efectuar o lanzamento de xeito maxistral, pegado o pao no que o porteiro local nada puido facer. Así pois, o pichichi da tempada pasada marcaba o primeiro gol do verán para o C.A.S.X.

Chegoused o final do partido e houbo lanzamentos de penalties para saber quen se levaba o Torneo de San Roque. O resultado nas penas máximas foi Parga C.F. 4 - C.A.S.X. 5, os xogadores marelos amosaron que os lanzamentos de penalti son un dos seus fortes. Os lanzadores foron Pichi, Chinorris, Guille, Roy e Esteban. No derradeiro lanzamento do equipo local o lanzamento do lateral dereito saiu por enriba da portería de Andrés acadando así o C.A.S.X. o trofeo que xa loce na galería da Cafetería Ramiro.

Nada máis polo de agora

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: