martes, 28 de outubro de 2008

Debut con victoria dos xuvenís

Estación de Curtis

O Club Atlético Sobrado Xuventude debutou con victoria no derbi perante o C.C.D. Curtis co resultado de 2-1 a favor do equipo que adestra Muni.

O primeiro gol do partido marcouno o dianteiro centro marelo Mario logo dun excelente remate en prancha. Co 1-0 chegaríase ó final dos primeiros 45 minutos.

Na segunda metade Diego Amil ampliaría a vantaxe para o Atlético Sobrado logo dunha xogada individual e un remate escorado.

Xa nos derradeiros minutos o Curtis recurtaría distancias marcando o 2-1, este gol fixo medrar os discípulos de Toñito que se votaron cara a portería de Carlos Martínez na busca do empate pero o equipo xuvenil do C.A.S.X. foi quen de defender o resultado que lle otorga os seus 3 primeiros puntos da competición.

O equipo inicial foi: Carlos Martínez; Jorge, Pedro, Ruchi, Iván Cabado; Anxo, Fran, Diego Fragío, Diego Amil; Pablo Naveira; Mario.

Agardando a súa oportunidade no banquiño: Alberto Márquez, Alejandro Marquez, Jorge e Ismael.

A nova negativa voltou unha vez máis en forma de lesión; desta volta foi Iván Cabado o que tivo unha lesión no seu xeonllo dereito e aínda non se sabe o alcance exacto da lesión.


Ningún comentario: