Esteban terá que estar parado 3 semanas de competición. O
capitán do equipo senior foi sometido no día de onte a unha resonancia magnética con un dictame de "un engrosamento nun xeonllo". O central atlético arrastraba molestias dende o partido da 1ª xornada fronte o Toques C.F. e volveuse a resentir no partido do pasado domingo fronte o Oza dos Ríos C.F. De cumprirse os prazos previstos
Esteban tan so se perdería 2 partidos de liga (San Estevo de Abellá C.F. e A.D. Abellá) pois recordamos que esta xornada o equipo que adestra
Fer terá descanso.
Agardamos unha pronta recuperación o noso
capitán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario