venres, 31 de outubro de 2008

Xornada do 1 e 2 de novembro

Mañá 1 de novembro comeza outra xornada ligueira para o equipo xuvenil que se desplazará ata San Pedro de Nós para xogar a partires das 16:15 horas (horario de novembro) fronte o local Atlético San Pedro.
O equipo que adestra Muni presenta a baixa de Iván Cabado lesionado no partido da semana pasada fronte o C.C.D. Curtis na 1ª xornada ligueira. O equipo marelo aspira a acadar unha nova victoria para consolidarse nos postos altos da táboa clasificatoria.

Pola súa parte o equipo de fútbol sala feminino dispora da 2ª xornada de descanso dende que comezou a competición ligueira.

O domingo 2 de novembro será a quenda do equipo senior que se enfrontará no Campo Municipal de Vilasantar a partires das 16:15 horas o recén descendido e un dos equipos que estará loitando polo ascenso, o A.D. Abellá.
O adestrador Fer de novo terá baixas moi importantes no equipo Alex é baixa o que resta de tempada logo de que o xogador de Teixeiro se rompese o ligamento cruzado nun adestramento ademáis de tamen ter danado o menisco da seu xeonllo dereito. Esteban moi mellorado da súa lesión aínda non ten a alta da mutua polo que se prevee que reaparece para a vindeira xornada. Tampouco Chinorris será da partida no encontro fronte o equipo de Frades pois aínda ten molestias no pé logo de sufrir un esguince en dous dedos.
A estas baixas úneselle a de Pirulo que o domingo non estará por motivos persoais.
No capítulo de altas Fer ten a única alta de Pichi polo que seguramente algún xogador do equipo xuvenil volverá a estar na convocatoria do 1º equipo.

Sorte para ámbolos conxuntos.

Ningún comentario: