martes, 18 de novembro de 2008

Coñece a... DAVID


Dende hoxe o blog do Club Atlético Sobrado Xuventude terá un novo apartado. Serán entrevistas a xogadores e xogadoras de todas as categorías nas que poderemos coñecer un pouco máis da súa vida persoal, gustos, preferencias, etc.
Comezamos pois a rolda de enquisas con David, xogador que debuta este ano no noso clube e que moi amablemente nos atendeu vía telefónica.
Boas David, estás preparado?
Estou preparado logo, cando queiras...
1. Nome Completo
José David Rodríguez Costoya/ Nome Deportivo "David"
2. Lugar e data de nacemento:
Sandá-Cidadela (Sobrado)
3. Talla e peso
1,84 metros/80 kg
4. Posto no terreo de xogo
Dianteiro
5. Equipo favorito
Real Madrid C.F.
6. Quen é o teu ídolo futbolístico?
Zinedine Zidane
7. Grupo Musical preferido
DeLuxe
8. A canción que máis che gusta é...
"Losing my Religion" de R.E.M.
9. Eres afeccioado a lectura?
Si
10. Cal foi a derradeira película que fuche ver ó cine? E a derradeira película que baixache da rede? Cal é o teu xenero cinematográfico que máis che gusta?
Ufff, hai moito tempo que non vou ó cine, a derradeira película que fun ver foi a dos Simpson. Non acostumo a baixar películas de internet e o xénero que máis me gusta é o terror.
11. Tes parella?
Parella? Fixa non! (rise por un rato prolongado)
12. Cales son as túas aficcións favoritas?
Xogar ó futbol e tamén xogar á Play
13. Lugar ideal para vivir
Sandá
14. Prato preferido
psssss (dubida por uns intres) Spaguetti
15. Bebida que máis che gusta, pensa que esta entrevista pode estar a leela o Míster
Ron Barceló con limón sen xeo (que padezco moitas enfermidades da garganta...)
16. Marca de roupa favorita, marca deportiva preferida
Non me fixo nunha marca, normalmente merco en Zara. Polo que respecta á marca deportiva, Adidas.
17. Qué modelo de telefonía móvil tes na actualidade?
Un Nokia 6288
18. Cal é a páxina de Internet que máis soes visitar?
Non acostumo a visitar páxinas en internet
19. Estudias ou traballas?
Traballo, pero dende hai pouco, eh! (aclara David)
20. Esta é a túa primeira campaña no Atlético Sobrado. Que che parece a categoría? Os compañeiros de equipo? E o ambiente no vestiario?
A categoría non me está a parecer compricada, non é que haxa excesivo nivel. Polo que respecta os compañeiros, son moi boa xente. E o ambiente no vestiario é xenial con todos menos con Petete que é un pesado (rise) o domingo cando marquei o gol funllo adicar.
21. Precisamente eso che quería comentar, o domingo fronte o Vizoño B lograche o teu primeiro gol coa camiseta marela e ademáis ese gol á postre serviu para acadar o primeiro triunfo da tempada. Relátanos o gol e o que sentiche no momento da consecución do tanto.
A xogada do gol foi iniciada por Luis que me meteu un excepcional pase interior entre dous defensas, eu recibín na frontal da área e o ver o porteiro un pouco adiantado decidín tirarlle un vaselina e o balón foise directo a rede. Deixa claro que a estupenda asistencia ma puxo Luis (aclara David). O que sentín foi unha sensación de ledicia e alivio por quitar a presión de encima por non haber marcado ningún gol en liga ata ese momento. Desquiteime de moitos puteos que estaba a recibir ata o de agora.
22. Como te sintes máis cómodo xogando, de dianteiro centro ou ben de enganche?
(Duda por un momento) Gústanme os dous postos cada un por unha cousa diferente. De enganche entras máis en xogo e tocas máis balón pero de dianteiro centro tamén me gusta porque a min encántame marcar goles e é a maneira máis fácil de conseguilo.
23. Qué equipo do Grupo IV de 3ª Autonómica pensas que gañará a liga e por conseguinte acadará o ascenso? e que equipo pensas que logrará a segunda praza que da acceso a xogar a promoción de ascenso?
Polo que vin ata o de agora o equipo que máis posibilidades lle vin de lograr o ascenso é o Oza dos Ríos C.F. porque saben a qué xogan. A praza da promoción de ascenso vai a ser para ó Sobrado, hai que pensar en positivo! (declara)
24. Reafirmaste pois en que o Atlético Sobrado rematará no 2º lugar da táboa clasificatorio ó final da tempada?
Estou seguro de eso
25. Qué xogador do Atlético Sobrado che parece que ten máis velocidade, máis técnica, máis físico, máis gol, máis sangue e máis pillería?
En velocidade Nacho corre moito, Iago tamén..., ostrás Luis, Luis corre a mazo. Máis técnica Chinorris..., no! pon David, ja ja ja. Máis físico David tamén. Máis gol David..., (séguese rindo). Máis sangue... Roy. Máis pillería Pichi (volve a rir de xeito continuo).
26. Baixo a túa opinión cal foi o mellor partido que xogou o equipo ata o de agora?
Sen lugar a dúbidas a primeira parte no campo do Visantoño C.F.
27. Atréveste a pronosticar a cifra de goles que marcarás nesta tempada?
17 (responde sen dubidar), aínda que se marco 13 xa teño gañada unha aposta.
28. Cal é o compañeiro máis divertido dentro do vestiario? e o máis reservado?
Non che sabería dicir un, son todos moi divertidos, rímonos moito. O máis reservado..., non sei, quizáis Javi Sánchez é o máis caladiño de todos nós.
29. É certo que Esteban, o capitán do equipo, ten unha frase escrita no seu móvil para automotivarse?
(scáchase coa risa...),SI, ROTUNDAMENTE SI! (segue a rir)
30. Por último, pronostica un resultado para o seguinte partido do equipo que será o San Martiño C.F. - Atlético Sobrado do vindeiro domingo?
1-2 (non dubida un intre)
Grazas David pola túa atención e ogalla se cumpran todas as tuas expectativas para esta tempada.
Non hai de qué, foi un pracer, ata logo.

1 comentario:

Esteban dixo...

Ese David, jejejejje. De Sandá tiñas que ser, mira que eres flipado. Cuidate personaje.