luns, 17 de novembro de 2008

Un gol de David dalle o C.A.S.X. a primeira victoria da tempada

Tiveron que pasar 6 xornadas para que o C.A.S.X. senior acadara por fin unha victoria que se lle resistía a pesares de haber feito méritos en varios encontros.
Curiosamente, nun dos peores partidos que se fixo no que vai de liga o equipo que adestra Fer conqueriu por fin a victoria polo resultado de 1-0 fronte o Vizoño B S.D.
O dianteiro David marcou o seu primeiro gol coa camiseta do Atlético Sobrado un gol que serve para acadar 3 valiosos puntos e que fai que o equipo marelo chegue os 5 puntos.
Confiemos que esta victoria sirva para dar un xiro no que a resultados se refire e agora que xa se xogou contra a maioría de equipos da parte alta comecen a vir os bos resultados.
Un dos partidos máis difíciles que restan no que falta de 1ª volta será o do vindeiro domingo pois o Atlético Sobrado rendiralle visita a un renovado e potenciado San Martiño C.F. con xente coma Toño e Alemán fichados esta tempada do Mesón do Bento C.F. Ademáis o San Martiño ten o handicap a favor de que esta habituado o seu terreo de xogo de reducidas dimensións que fai delo un auténtico fortín.
Seguro que a victoria conquerida na tarde de onte daralles ás os pupilos de Fer para seguir en traxectoria ascendente.

Ningún comentario: