martes, 25 de novembro de 2008

Unha auténtica apisonadora

Praia de Sada

O do equipo feminino de fútbol sala é de auténtico escándalo. Esta tempada está a gañar a maioría de partidos por goleada, algo que demostra que son un auténtico equipazo.
O sábado o C.A.S.X. afrontaba un difícil partido fronte ó Sada F.S., un rival que estaba moi preto na clasificación pero as xogadoras adestradas por Hassan finiquitaron o encontro xa na primeira metade situándose con un cómodo 0-4 ó intermedio do encontro.
Na segunda parte as xogadoras sobradesas xogaron relaxadas e aínda así acadaron outro gol máis para chegar ó 0-5 final co que acabou o encontro.
Desta voltar foi Sara Rodríguez a protagonista do choque ó acadar un "hat-trick", a capitana e pichichi María acadaría un novo gol e a segunda máxima goleadora do equipo Ta non faltaría tampouco a súa cita co gol e sería a outra goleadora da tarde.
O equipo feminino queda en 4º posición da taboa clasificatoria con dous partidos menos que as suas rivais.

Ningún comentario: