mércores, 24 de decembro de 2008

Dúas victorias e unha derrota antes do Nadal

Dúas victorias: o equipo senior de fútbol e o femenino de fúbol sala e unha derrota: o equipo xuvenil; ese foi o saldo da derradeira xornada do ano (aínda que todos os equipos terán que disputar partidos aprazados nesta fin de semana).
O C.A.S.X. senior foi o encargado de abrir a xornada. Desprazábase a Curtis para xogar fronte ó colista da competición. O resultado final foi 2-4 pero a goleada puido ser moito máis abultada se non chega a ser pola infinidade de ocasións que se malograron e polo gol anulado de maneira inxusta a Javi Souto por fora de xogo (que so o colexiado viu), bastante tarde por certo xa que todo o equipo xa estaba a felicitar o xogador de Carelle polo seu gol.
O C.A.S.X. marcou moi cedo, quizáis o gol ou un dos goles máis madrugadores de toda a liga: decretou o colexiado o inicio de encontro, o Atlético Sobrado efectua o saque inicial e logo de tocala varios xogadores marelos o balón chega a Nacho a uns 5 metros da área rival, efectua un lanzamento forte e alto e o balón entra rozando o pao longueiro da portería do C.C.D. Curtis, debían ir uns 30 segundos de partido. Comezaban ben as cousas.
O C.A.S.X. seguiu na procura de máis goles e así nunha xogada a balón parado logo de unha falta sufrida por "Finito" Pichi ía chegar o segundo gol, a falta efectúa Roy e logo de botar o balón na área aparece o capitán Luis para empurrar o balón o fondo da rede (este gol é o terceiro da tempada).
Na primeira metade o Atlético Sobrado estivo perfecto en defensa e o equipo local tan so efectuou un lanzamento a portería lonxano e a balón parado.
Chegouse co 0-2 o descanso pero o Atlético Sobrado quería matar definitivamente o partido e logo de varias oportunidades, nun excelente cambio de xogo de Chinorris o balón chega a Luis que remata, o balón sal trompicado logo de pegar nun defensa pero alí estaba Nacho para facer o terceiro da Makina Amarilla e o seu segundo particular na tarde do sábado. Nacho encarámase coma pichichi do equipo con 5 goles nesta tempada.
A pesares do 0-3 o equipo quería máis pero nun erro de ubicación o Curtis ía marcar o 1-3 onde os xogadores marelos pecaron de falta de intensidade.
A pesares de encaixar este gol o C.A.S.X. seguiu intentando sentenciar o encontro. Chegou o gol anulado a Javi Souto xa antes comentado e no minuto 82 o xogador íase resarcir: logo de unha xogada escorada en banda dereita, lanza con moito acerto a portería de novo Javi Souto marca, desta volta o gol si foi válido.
O Curtis xa no desconto ía maquillar o resultado para o final 2-4 logo de unha espectacular volea. Nada máis quitar de centro o colexiado pitou o final.
O C.A.S.X. non terá parón de Nadal pois este domingo disputará fronte o Poulo un dos dous partidos que ten aprazados por culpa da neve. De gañar este partido o C.A.S.X. ubicarase na 5ª posición da taboa con 1 e 2 partidos menos que os rivais que o superan na taboa clasificatoria. Unha boa oportunidade para seguir medrando.

O equipo xuvenil perdeu fronte o Portazgo por un sorprendente 7-4, un partido atípico de moitos goles que o equipo marelo chegou a ir gañando 1-3 e o descanso chegouse con empate a tres goles. Na segunda metade o equipo local adiantaríase 4-3 pero voltaría a empatar o C.A.S.X. pero logo o Portazgo metería a directa con 3 goles consecutivos ata o 7-4 final. Os goleadores foron o pichichi Pablo Naveira (2), Jorge Ares e Diego Amil.
Presumiblemente o equipo xuvenil disputará este sábado en Vilasantar o partido aprazado por causa da neve fronte ó Pastoriza pero falta a confirmación oficial.

O C.A.S.X. femenino voltou a senda das victorias con unha plácida victoria a domicilio fronte O Pino F.S. por 1-4. As pupilas de Hassan foron moi superiores o seu rival e o descanso xa se impoñían 1-3.
Os goles foron obra de Ta (3) e María.

Ningún comentario: