martes, 20 de xaneiro de 2009

Magníficos resultados para o noso clube


Nada que obxetar os resultados das 4 categorías que disputaron partidos nesta fin de semana. Sen lugar a dúbidas os equipos cumpliron con creces e voltan a amosar que está tempada está a ser magnífica para todas as seccións.
INFANTÍS:
en partido xogado na mañá do sábado no Pavillón Municipal de Sobrado, a categoría infantil (mixta) goleou as Escolas Deportivas de Vilasantar polo contundente resultado de 19-0.
XUVENÍS:
nun partido que o equipo de Muni afrontou coas importantes baixas do porteiro titular Carlos Martínez, o pichichi Pablo Naveira e o lateral Pedro convocados polo primeiro equipo para cubrir as numerosas baixas coas que contaban os seniors; os xogadores deron a cara e acadaron un importante empate a 3 goles fronte o C.D. Larín.
Con un improvisado porteiro (Ruchi) e con tan so 13 xogadores dispoñibles Muni presentou unha revolucionaria aliñación que dou os seus froitos.
Chegouse ó descanso con empate a 0 goles polo que para a segunda metade quedaron todos os goles (6) nun emocionante e intenso partido.
Adiantaríase o Larín nunha contra na que Ruchi nada puido facer. Non tardaría o C.A.S.X. en igualar o encontro nun magnífico zurdazo de Diego Fragío raso dende fora da área que entrou pegado o pao esquerdo da portería visitante.
No minuto 65 Diego Fragío (bigoleador na tarde do sábado) aproveitaría un rexeite o borde da área para conectar outro excelente zurdazo e anotar o 2-1, o Atlético Sobrado tomaba vantaxe nun encontro que se lle puñera costa arriba.
Pero no minuto 69 o Larín ía empatar o encontro a 2 goles nunha falta escorada executada con mestría de un fenomenal zapatazo o esférico entrou pegado o pao esquerdo da portería local no que Ruchi nada puido facer agás recoller o balón da rede.
Noutra contra xa no minuto 80 o Larín ía acadar o 2-3 polo que de novo o encontro se poñía costa arriba para o equipo de Muni pero ía ser Fran Miraz (capitán na tarde do sábado) de un maxistral "Free-Kick" por riba da barreira con efecto e pegado o pao quen establecería o 3-3 final no minuto 83. Con este empate o equipo xuvenil acada os 14 puntos e ten por xogar aínda un partido aprazado fronte o Cire Melide CF.
FEMININO:
o equipo de Hassan acadou un importante triunfo en Carral en partido aprazado fronte o Fame Negra F.S. que lle serve para colocarse na 2ª posición da taboa clasificatoria da Liga Provincial de Fútbol Sala.
As xogadoras laranxas golearon 2-7 nun partido onte o C.A.S.X. marcou os goles e tamén levou as patadas. As xogadoras locais emplearon métodos bruscos para intentar parar a calidade das nosas xogadoras pero esos intentos foron en vano pois a vista está o resultado.
O C.A.S.X. feminino xa sentenciou o encontro na primeira metade pois o electrónico reflexaba un claro 0-3 o remate dos primeiros 25 minutos.
As goleadoras na tarde do sábado foron Ta (2), Luci (2), María, Paty e Sara Montero.
Unha vez máis felicitar o equipo feminino que nos está facendo soñar a todos e a todas.
SENIOR:
o equipo de Fer segue a medrar conforme pasan as xornadas de Liga, non so en resultados senón en fútbol vistoso. A importante victoria acada o domingo en Mesía 1-2 súmase unha espectacular segunda parte na que a "Makina Amarilla" ofreceu un fútbol vistoso e combinativo do que lle gusta ver o espectador (non o típico patadón e todos para adiante que tan acostumados estamos a ver nestas categorías).
O equipo marelo comezou moi enchufado no partido fronte un difícil e forte rival que está nos postos medios altos da táboa clasificatoria. O C.A.S.X. presentábase en Mesía con importantes baixas: Roy (por sanción) ademáis de Luis e Guille (por lesión) e o porteiro Andrés (por motivos persoais). Por riba había varios xogadores "tocados", Iago aínda sofre fortes molestias no seu nocello dereito pola patada que lle propinou na xornada anterior o capitán do Boimorto polo que non pode golpear forte o balón, Juan non puido adestrar na tarde do venres por ter un intenso dolor nun xeonllo, Javi Souto pasou toda a fin de semana na cama para curar un forte catarro e tivo a xentileza de vir ó partido e aguantar coma un campeón todo o encontro ademáis de Javi Sánchez que arrastra molestias producidas por unha lesión que se fixo xogando a fútbol sala pero aínda así tamén se achegou a Mesía para vestirse de curto e alentar o equipo (Grazas Javi).
Destacar que debutou Álvaro no lateral dereito, o porteiro xuvenil Carlos Martínez foi titular, outro xuvenil Pablo Naveira foi clave no desenrolo do encontro pois anotou o gol da victoria e o tamén lateral xuvenil Pedro Penas tamén dispuxo de uns minutos.
Os primeiros minutos foron para o Atlético Sobrado que foi de cabeza polos tres puntos, e logo de un par de remates sen acerto de David e Nacho chegou a primeira ocasión clara na que Chino nunha excelente xogada remata o pao e no rexeite o esférico queda parado nun charco preto da liña de gol que aproveitou o porteiro local (un gran porteiro sen dúbida) para atallar.
O susto da tarde douno David que cando ía correndo comezou a ver borroso e tivo que parar uns minutos xa que presentaba síntomas de claro mareo. Logo de inxerir azúcar e preguntarlle se estaba para xogar o bravo dianteiro decidiu que seguía xogando.
Nunha boa xogada de ataque o Mesía íase adiantar, o xogador número 11 recibe de espaldas a portería baixa o esférico co peito para o que o xogador número 10 enganche un tiro elevado que se colaba na portería visitante.
Con 1-0 chégabase o descanso pero co Atlético Sobrado creando perigo e coa misión na segunda metade de materializar as oportunidades creadas.
No minuto 57 o capitán Esteban ía establecer as taboas no marcador. Chino executa un córner ó balón queda morto a altura do punto de penalti logo do despexe da defensa local que aproveita o "capi" para poñer o balón na escadra local e conseguir así o seu primeiro gol da tempada.
Este gol dou folgos a un C.A.S.X. que vía así reflectido (por fin) en resultado o seu bo fútbol de ataque.
De novo os paos evitarían outro gol marelo. Sería no minuto 61, nunha falta lateral de novo executada de xeito inmaculado por Chino o balón chega de novo a Esteban que remata, o porteiro local nunha acción "felina" despexa como pode o esférico que se vai o longueiro para sair a continuación a córner.
No minuto 69 xogada de libro: Esteban recupera o balón en medio campo, tira un caño a un xogador local facendo un autopase, cédelle o balón a Chino que tal como lle ben cambia o xogo a banda dereita por onde entra Pichi coma unha exhalación, o fino xogador pon de primeiras un medido centro o corazón da área onde aparece o pichichi da categoría Nacho para facer un espectacular remate en plancha que sae pegado o pao cando xa se cantaba o gol. Sen dúbida unha xogada digna de unha gran categoría.
Eran momentos onde o C.A.S.X. estaba a desnudar a defensa local con rápidas contras e este dominio faríase efectivo no minuto 79.
O xuvenil Pablo Naveira que actuou de interior dereito toda a segunda metade recupera o balón en 3/4 de cancha o intentar regatear a un rival sofre unha falta da que sae trompicado pero non chega a caer, o colexiado aplica ben a lei da vantaxe, o ex do Imperator antes de entrar na área regatea a dous rivais e chegando o punto de penalti aproveita que o porteiro local da un paso a dereita para cubrir o pao largo e Pablo mete o balón polo pao curto facendo un auténtico golazo de xogada persoal. Desbordouse a alegría no banquiño visitante sabedores de que a victoria estaba moi preto.
O Mesía tería unha derradeira oportunidade a balón parado faltando dous minutos para o remate nunha falta frontal a uns 3 metros da área do C.A.S.X. na que o executor fixo un forte lanzamento que pasou a escasos centímetros da portería de Carlos Martínez.
Chegouse o final do encontro con un C.A.S.X. que sae reforzado con 25 puntos na 5ª posición para afrontar o derbi fronte o Toques para a vindeira semana no Municipal toquense.
FELICIDADES A TODAS AS CATEGORÍAS.

Ningún comentario: