martes, 13 de xaneiro de 2009

Victoria Feminina, Empate Masculino

O equipo feminino que adestra Hassan voltou a impoñer a súa Lei no Pavillón Municipal de Sobrado o golear ó Femiordes F.S. co marcador final de 9-4.
As xogadoras que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" decidiron o encontro na segunda metade.
O descanso chegouse cunha mínima victoria local de 3-2 pero no reinicio o C.A.S.X. tería maior éxito na finalización ata chegar o marcador final.
As goleadoras na tarde do sábado foron: Paty (4), Tá (3), María e Luci.
Se o Atlético Sobrado gaña en Carral o vindeiro sábado nun partido que foi aprazado no seu momento o equipo feminino ubicaríase na 2ª posición da clasificación logo das derrotas esta fin de semana de Fisober F.S. e Boqueixón F.S. SINXELAMENTE SENSACIONAL A TEMPADA.
Polo seu bando o equipo masculino de fútbol empatou na tarde do domingo fronte o Boimorto C.F. a 1 gol.
Sendos goles foron de lanzamento dende o punto de penalti e por segunda semana consecutiva o Atl. Sobrado perdooulle a vida o seu rival errando moitas ocasións de gol e enviando un tiro o pao nun lanzamento de falta por parte de Chino no minuto 44.
O Boimorto adiantarase 2 minutos antes por medio do seu xogador Pablo Sandá dende os 11 metros.
Na segunda parte o asedio do C.A.S.X. foi total encerrando o Boimorto no seu campo. Incluso cando o noso equipo quedou con 10 homes no minuto 60 pola expulsión de Roy o equipo non baixou os brazos e seguiu o ataque. Logo de empatar por medio de un penalti sufrido por Chino no minuto 82 e transformado polo pichichi da categoría Nacho o equipo que adestra Fer non se amilanou e foi decididamente a polo partido chegando incluso momentos en que os xogadores visitantes lle pedían a hora o colexiado.
O Boimorto tivo a derradeira oportunidade do encontro nun erro de comunicación entre a defensa e porteiro local que rematou co balón no pao.
Non habería máis incidencias no partido e así rematou o encontro.

Ningún comentario: