martes, 27 de xaneiro de 2009

Victoria no derbi con un excelente fútbol


CF Toques 1 (Bareto) - Atlético Sobrado Xuventude 2 (Nacho, David)


Os homes de Fer deron un golpe de autoridade o domingo no derbi disputado no Municipal de Toques fronte a un equipo local que se presentaba como invicto no seu feudo.
O derbi estivo acompañado de saraiba e lóstregos na primeira metade (incluso trasncurridos tan so 5 minutos de partido o colexiado preguntoulle os dous capitáns se querían de detivera o encontro pois a saraiba caia con intensidade).
O Sobrado quixo ter en todo momento o control do esférico intentando facer xogadas apoiandose no falso 4-3-3 que Fer diseñou para a ocasión debido as pequenas dimensións do campo de Toques. A estratexia do míster de Melide non puido sair mellor pois os tres mediocentros Esteban, Guille e Chino fixeron un partido moi completo gañando sempre a partida os mediocentros locais o verse sempre en superioridade. Ademáis intelixentemente os xogadores marelos abrían rápido as bandas onde Luis e Nacho encaraban a portería do Toques co coitelo entre os dentes sempre co apoio de David que era o encargado de recibir de espaldas e acomodar o balón (incansable o traballo do xogador de Cidadela que vería premiado o seu esforzo co gol que dou os 3 puntos).
Pero o partido para nada foi sinxelo, pois o Toques sabe explotar moi ben as súas cualidades de equipo que xoga sempre o 100% e que ten as ideas moi claras con un omnipresente Bareto que é un pesadelo para calqueira defensa pois loita, recupera, chuta..., un excelente futbolista.
O Toques íase adiantar no marcador no minuto 15 logo de que un balón que caeu dentro da área do Sobrado debido a un charco que se ubicaba a uns 4 metros da liña de gol se quedase freado co noso porteiro Andrés superado e a boa colocación do "killer" Bareto fai que so teña que empurrar o balón a rede sen oposición. Sen lugar a dúbidas foi unha xogada de infortunio pero o fútbol ten estas cousas.
Lonxe de baixar os brazos, o C.A.S.X. viuse espoleado polo gol local e intentou facer o seu fútbol con máis intensidade se cabe. Luis e Nacho comezaron a recibir máis balóns as bandas cunha clara aposta de Fer polo fútbol ofensivo creando moito perigo e merecendo sen dúbida empatar.
Chino ía estar a punto no minuto 19, logo de unha falta centrada a uns 5 metros da área sufrida por Nacho o xogador marelo efectúa un colosal "free-kick" por riba da barreira toquense o balón da no longueiro e posteriormente na cabeza do porteiro David, o rexeite vaise directo a córner cos afeccioados e xogadores do Sobrado votandose as mans a cabeza logo da estupenda ocasión.
O asedio visitante seguiu con oportunidades de Luis, de Nacho e de Chino incluso os laterais Iago e Pichi doblaban banda para apoiar os seus compañeiros en ataque a ter superioridade en campo rival, so quedaban rezagados os centrais Pirulo e Juan moi seguros (como ben sendo habitual) toda a tarde pendentes dos dianteiros locais.
O empate ía chegar nunha xogada de Nacho de auténtico crack, recibe un pase curto de Guille a uns 3 metros da área do Toques, en vez de controlar de espaldas como sería o normal, Nacho dalle de "espuela" o esférico facendolle un sombreiro o central do Toques adentrándose na área, gánalle a partida o defensor, acomoda o balón coa perna dereita de chuta cruzado ante a salida do cancerbeiro David coa súa perna menos boa (a esquerda) o esférico entra pegado o pao, todos os xogadores marelos sairon disparados a polo pichichi marelo para celebrar o gol, os que estabamos por fora non nos podiamos crer o espectacular gol que acababa de marcar, un gol que firmarían moitos dianteiros de unha categoría superior.
O C.A.S.X. coa tranquilidade de haber logrado o empate que estaba a merecer foi a polo partido e seguiu atacando aínda que sen éxito nos primeiros 45 minutos.
No descanso Pichi ten que ser subtituido logo de sufrir un corte de dixestión e tendo que entrar Roy no lateral dereito que fixo unha gran laboura de contención e dando apoios en ataque a Luis.
A segunda metade foi un calco da primeira co Atlético Sobrado atacando e facendo un fútbol de toque con apertura as bandas e o Toques intentando enlazar algunha contar para pillar o equipo visitante. Chino voltou a lanzar fora por moi pouco, e David tivo duas oportunidades, unha que parou o porteiro David e outra que se foi fora, Luis tamén tería outra oportunidade que se foi fora. Pero sería David o que marcaría o gol da victoria logo de recibir o balón escorado en banda dereita, logo de regatear a un defensa lanza raso axustado o pao esquerdo acadando outro gran gol, os xogadores marelos celebraron o gol coma se se tratase dun título facendo unha gran piña enriba de David que alcanza con este o 6º gol na actual campaña.
O Toques tivo duas oportunidades que Andrés e a defensa solventaron con eficacia. Nun duro lanzamento de Carril o porteiro Andrés Miraz rexeitou co peito cara a banda e Iago concluiu a xogada mandando a saque de banda. Na outra xogada de ataque toquense, o balón frease dentro da área do Sobrado con dianteiros e defensas pugnando por gañar o balón, logo de un par de rexeites o balón chegou a Juan que de un forte pelotazo quitou o balón a campo rival.
Nacho mancado nun hombreiro foi sustituido polo xuvenil Souto que nos minutos que estivo no campo fixo un gran traballo de desgaste presionando a defensa rival. Aínda tería David unha derradeira oportunidade de sentenciar o encontro pero o esférico non entrou. O colexiado decretou o final nun partido que o resultado fixo xustiza o fútbol desplegado pola Makina Amarilla que se afianza nos postos altos da taboa, concretamente na 4ª posición logo de que o partido Visantoña-Encrobas non se disputase debido os efectos do temporal que arrasou Galiza na fin de semana.
Os pupilos de Fer recibirán o vindeiro domingo no Municipal de Vilasantar o líder da competición que viaxa invicto nesta campaña, o Oza dos Ríos CF a partires das 16:15 horas. Os xogadores e o corpo técnico conxuráronse para intentar ser o primeiro equipo en derrotar o gran equipo de Oza e seguir así coa súa boa xeira de resultados.

Xuvenís: C.D. Obrero 0 - Atlético Sobrado Xuventude 3

Os xogadores de Muni acadaron unha importante victoria no campo de O Condús de Oleiros fronte o Clube Deportivo Obrero polo contundente resultado de 0 goles a 3.
O equipo marelo desplegou un gran xogo e presentou a novidade de Fran Miraz na punta de ataque xunto o pichichi Pablo Naveira. Os dous dianteiros na tarde do sábado marcarían. Pablo Naveira sería o executor de dous goles e Fran Miraz faría o outro gol, esta victoria fai que o equipo xuvenil siga medrando na competición e para a vindeira xornada desplazarase o Campo Municipal de Curtis para disputar un apaixoante derbi fronte o C.C.D. Curtis.

Feminino: Furia Atlético 2 - Atlético Sobrado Xuventude 1 (María)

O equipo feminino tivo o sábado o que se pode denominar "o partido tonto da tempada". O infortunio aliouse coas xogadoras de Hassan para que os 3 puntos non voasen ata Sobrado.
Comezou marcando o C.A.S.X. por medio da súa pichichi María e posteriormente empataría o equipo local para chegar con empate a 1 gol o descanso.
O equipo de Sobrado tirou ata 4 veces o pao o longo do partido e cansouse de fallar contras de dous para un e tres para dous, está claro que cando o día se torce non hai nada que facer, isto quedou reflectido a dous minutos do final cando o equipo local marcou o 2-1 que sería o resultado final do partido para desesperación das nosas xogadoras que perderon un partido de xeito totalmente inxusto pero esta é a grandeza do deporte e non queda outra que repoñerse do que xa pasou e afrontar o vindeiro encontro con todas as gañas do mundo para desquitarse desta dolorosa derrota.


Nada máis polo de agora.

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: