martes, 17 de febreiro de 2009

2 victorias e 1 empate


Boa xornada en termos xerais para o Club Atlético Sobrado Xuventude aínda que soubo a pouco o empate colleitado no Municipal de Vilasantar fronte o San Estevo C.F. con tres erros clamorosos na mesma xogada do colexiado no gol do equipo de Frades.

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Atl. Sobrado 5 - Once Caballeros 1

Non tivo problemas o equipo de Muni para facerse cos 3 puntos nun choque onde a boa nova foi o regreso os terreos de xogo de Iván Cabado logo da súa operación de menisco, ademáis o central voltou por todo o alto anotando 1 gol de penalti.
Os goles foron obra de Pablo Naveira (2), Mario, Fran e Iván Cabado (penalti).
Ademáis o conxunto marelo perdoou infinidade de ocasións que puideron determinar un resultado de auténtico escándalo. Con esta victoria o Atl. Sobrado colócase na 4ª posición con 20 puntos e con 3 partidos aprazados por disputar.

2 de estes partidos aprazados xa teñen data:

*Atl. Sobrado - Cire Melide C.F. martes 24 de febreiro (Martes de Entroido) ás 11:30 horas no Campo Municipal de Vilasantar.
*C.C.D. Curtis - Atl. Sobrado, xoves 19 de marzo (San Xosé) ás 12:15 horas no Campo Novo de Curtis.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Drako Noantía F.S. 3 - Atl. Sobrado 4

As xogadoras de Hassan infrinxíronlle a primeira derrota da tempada ó equipo líder na súa propia cancha a pesares de contar coas baixas de Ta e Sara Montero.
O descanso xa se chegou con victoria visitante por 1-2 e nada máis comezar a segunda metade o conxunto de Sobrado marcaría o 1-3.
Algunha xogadora coruñesa non encaixou moi ben a derrota e agrediu a Lucía logo de facerlle unha falta pero o colexiado non a viu ou non a quixo ver (o presidente da Federación Galega de Fútbol Sala é o presidente de este equipo, DE COÑA!). Curiosamente esta mesma xogadora xa foi expulsada en Sobrado no partido de ida e leva un total de 3 expulsións non que vai de campaña..., coincidencia????
Os goles do C.A.S.X. foron marcados por María, Patty, Lucía e Sara.
O Atlético Sobrado empata pois na táboa co equipo líder a puntos aínda que ten dous partidos máis disputados que as coruñesas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
3ª Autonómica Grupo IV: Atl. Sobrado 1 - San Estevo de Abellá 1

Indignación, esa é a palabra que resume a actitude do Atlético Sobrado co colexiado logo de validar o gol visitante. O enfado é enorme porque a actitude non é de recibo.

Comecemos polo principio:

Comezou dominando o San Estevo territorialmente os 10 minutos de encontro. No minuto 12 ía chegar a xogada que culminou nun cúmulo de desastres por parte do señor colexiado.
Andrés efectua un saque de portería, o balón recuperao en medio campo un medio centro dos visitantes axudándose dunha clara man (o colexiado non pita), o xogador do San Estevo intenta abrir o xogo a banda esquerda pero o pase saélle defectuoso e balón sal aproximademente medio metro (case da na valla de protección) por liña de banda, todos os nosos xogadores quedan parados xa que a fora é evidente, (pero non pita), o interior esquerdo do San Estevo nunha xogada de pillería dalle unha patada para adiante o balón e éste chega o seu dianteiro Pedro que se atopa nunha posición de polo menos 3 metros en fora de xogo (todos incredulos agardamos o pitido do colexiado), pero este non se produceu e dase unha situación de dous dianteiros en fora de xogo contra o noso porteiro, logo de regatealo, Pedro marca para os visitantes. O enfado era monumental, todos os xogadores foron a protestarlle ó colexiado e o abucheo do público era un clamor, logo de uns 20 segundos douse conta que acababa de meter a pata pero lonxe de rectificar resolveu a xogada con un "es que desde aquí no puedo ver la línea de banda". Se polo menos trotase vería a liña, a man e o fora de xogo, que o ve un neno de 3 anos.
3 erros graves nunha marxe de 10 segundos que aproximadamente durou a xogada (gustariame saber se fose grabado esto en video canto tempo metían a neveira ó arbitro porque o do domingo nesa xogada non é de recibo). É o gol máis escandaloso que nos teñen metido dende que estamos federados aló polo ano 1997.
Como se dou conta do seu fatal erro comezou a pitar faltiñas e foras de xogo ó noso favor sen ton nin son, para compensar, E ISO NON É DE RECIBO, SE SE EQUIVOCOU EN CONTRA NOSA, TOCA FASTIDIARSE PERO O EQUIPO RIVAL NON TEN CULPA DOS SEUS ERROS.
O dito, despois de unha serie de faltiñas en medio campo ó noso favor que non veñen a nada o encontro seguiu polos seus derroteiros.
David tivo a ocasión máis clara para o Sobrado na primeira metade con un remate de cabeza que cando xa entraba apareceu o lateral esquerdo do San Estevo en liña de gol para evitar o tanto.
Chegouse o descanso con 0-1 e con unha bronca monumental para o colexiado porque o do gol ninguén o olvidara.
No descanso o Sobrado intentou serenar os ánimos e o equipo conxurouse para remontar o partido a pesares do fatal erro do colexiado.
O Sobrado saiu a polo partido e no minuto 7 da reanudación Chino ía empatar o encontro con un soberbio zapatazo dende uns 20 metros que o porteiro visitante tan so puido seguir coa mirada. A remontada era posible... pero esta non chegou. O C.A.S.X. tivo 5 boas oportunidades para porse por diante sobretodo en dous man a man de Nacho nos que o porteiro do San Estevo lle salvou o partido o seu equipo e desviou a córner.
O San Estevo xogou agazapado toda a segunda metade agardando enganchar algunha contra e gañar así o partido, e así foi como tivo a súa oportunidade no minuto 89 na que Pedro logo de unha boa xogada persoal dalle o pase da morte o seu compañeiro de ataque pero o esférico pásalle por diante dos pes e non atina a conectar o chut.
A derradeira oportunidade do encontro sería para o Sobrado no minuto 92 cun lanzamento lonxano de Roy que saiu rozando o longueiro da portería visitante.
Chegouse ó final do encontro coa decepción da xogada do gol visitante, dous puntos que eran moi importantes para o equipo de Fer na súa meta por achegarse o 2º posto da táboa clasificatoria. O C.A.S.X. está agora mesmo a 7 puntos da praza de promoción de ascenso e para a vindeira semana visita o A.D. Abellá (2º clasificado) nun partido vital para as aspiracións marelas.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: