Estes foron os resultados:
Xuvenís: C.A.S.X. 2 - Portazgo S.D. 1
Marcaron Alejandro Márquez e Miguel Combo este último por terceira semana consecutiva a pesares de ser lateral.
Feminino: C.A.S.X. 5 - Sada F.S. 0
As goleadoras foron a pichichi María (2). Tá (2) e Patty. O equipo local chegou xa o descanso coa clara vantaxe de 4-0 e na segunda metade aínda tivo a capacidade de ampliar a súa renda con un gol máis.
Senior: C.A.S.X. 4 - Sp. Meicende 1
Voltou o equipo de Fer a senda das victorias logo de 5 partidos consecutivos sen acadalo. A "Makina Amarilla" tivo un partido sinxelo fronte o Sporting Meicende que non puxo moitos atrancos para que os 3 puntos quedasen no municipal. Logo de ver o partido a goleada puido ser de auténtico escándalo pero os dianteiros non estiveron atinados de cara a gol a pesares dos 4 goles marcados.
Comezou xogando moi ben o Atlético Sobrado rompendo polas bandas con Javi Sánchez por banda esquerda que cuallou o mellor partido persoal no que vai de tempada metendo bos pases interiores a Chino e Nacho e con Luis en banda dereita que voltou a amosar a velocidade de antaño volvendo tola a defensa do Meicende e creando moito perigo xa que os defensas non eran quen de parar a velocidade do noso interior. Miguel Liboreiro que xogou de mediocentro sentou cátedra cos seus pases en profundidade que rompian unha e outra vez a liña da defensa local facendoa recuar.
Chino tivo o primeiro gol da tarde os 7 minutos pero o seu forte lanzamento co exterior estrelouse no pao dereito da portería visitante.
O gol chegaría no minuto 11 logo de unha xogada persoal de Chino que chuta a portería, o porteiro rexeita, o balón cáelle a Nacho que remata, o porteiro volve a rexeitar pero o esférico caélle de novo a Nacho (pichichi do equipo) que marca o primeiro gol da tarde.
Chino faría o 2-0 no minuto 19 logo de un gran lanzamento dende fora da área.
De novo Chino sería o encargado de facer o 3-0 logo de entrar por banda esquerda nunha xogada individual na que tirou sen ángulo a pesares de ter a tres compañeiros sos para rematar, afortunadamente o balón entrou.
Nacho tivo outra boa oportunidade antes do descanso pero no man a man fronte o porteiro tirou o balón escorado e saiu fora.
Co 3-0 chegouse o descanso. O equipo marelo non saiu enchufado na segunda metade e perdeu mordente na parte de arriba sendo os ataques moi pouco fluidos e sen lóxica. No minuto 53 o Sporting Meicende ía recurtar distancias logo de unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro que aproveitou un dianteiro visitante para establecer o 3-1.
Logo do gol o equipo de Fer restableceuse un pouco e comezou a atacar con algo de sentido intentando abrir as bandas, con Chino (en ocasións abusando da posesión do balón) en punta de ataque que intentou finalizar todas as xogadas que lle chegaron moitas veces tendo compañeiros en mellor situación para o remate preto de él.
Destacar tamén a volta de Pichi logo de 4 partidos de ausencia que dou moita seguridade na defensa e na segunda metade incluso se permitiu subir a banda dereita con florituras incluidas levantando os "olés" do público.
O 4-1 ía chegar logo de unha falta en medio campo que executa maxistralmente Miguel Liboreiro que pon un centro preciso e precioso para que Javi Sánchez rematando de cabeza estableza o 4-1. É o segundo gol de Javi na tempada e curiosamente os dous goles foron marcados fronte o Sporting Meicende. Sen dúbida o gol foi a culminación de un excelente partido cuallado polo interior de As Cruces.
O C.A.S.X. estivo a piques de repetir gol nunha xogada calcada con falta de novo en medio campo que Miguel Liboreiro volve a poñer exactamente no mesmo punto da área pero desta volta ninguén chegaría o remate.
Chino puido conseguir un "hat-trick" nunha floxa vaselina que intentou tirarlle o porteiro visitante que detivo o arqueiro sen problemas.
Esteban executou unha falta no minuto 7o preto da área un pouco escorado a banda dereita e o seu gran lanzamento pegou no traveseiro para sair fora a continuación.
Chino de novo tivo 2 xogadas claras nas que escorado a banda esquerda decidiuse a tirar en vez de pasarlle a pelota a Roy que se encontraba na área pequena en clara posición de remate e os seus lanzamentos foron detidos polo cancerbeiro visitante.
Así rematou o partido con clara victoria dos homes de Fer que ascenden a 8ª posición situándose a 3 puntos do 5º clasificado.
Saudos
FORZA C.A.S.X.
Ningún comentario:
Publicar un comentario