xoves, 5 de marzo de 2009

Mala xornada para o C.A.S.X.

1 empate e dúas derrotas foi o resultado co que se saldaron os partidos de este fin de semana para o Club Atlético Sobrado Xuventude.

Xuvenís: C.A.S.X. 2 - San Estevo de Abellá 2
O equipo de Muni puido recuperar un punto logo de poñerse 2 goles abaixo no marcador. Os 2 goles locais foron obra de Mario. Xa nos minutos finais o San Estevo foi obxeto de un claro penalti que o colexiado non viu e beneficiou os interes marelos.
Feminino: C.A.S.X. 2 - Brión F.C. 3
O Brión amosou no Pavillón Municipal de Sobrado ser un gran equipo e polo visto o sábado merecería estar máis arriba na clasificación.
Comezouse adiantando o equipo da comarca de Santiago pero axiña Patty establecería o empate a 1 gol no marcador. Ta ía adiantar ó noso equipo con un magnífico gol de cabeza xa na segunda metade. O Brión perdoounos a vida en diversas ocasións ata que mediada a segunda metade ía establecer o empate a 2 goles no electrónico. Faltando 2 minutos para o final do encontro nun contraataque de libro a súa xogadora máis peligrosa Miriam logrou un soberbio gol logo de regatear a Laura pisando o esférico.
Senior: C.A.S.X. 1 - Visantoña 3
O equipo de Fer tivo dúas caras completamente distintas no partido do pasado domingo. Na primeira metade o equipo marelo dou a cara fronte un dos mellores equipos da categoría e gozou de boas oportunidades (foille anulado un gol e Chino efectuou un disparo o longueiro). O Visantoña íase adiantar no partido grazas a unha falta de entendemento entre a defensa e o porteiro local.
David no minuto 39 ía establecer o empate no marcador logo de unha falta de entendemento entre un central visitante e o seu porteiro que acabaron chocando e caendo o chan algo que aproveitou David para mandar o esférico o fondo da rede no día no que o Atlético Sobrado voltaba a xogar no Municipal sobradés.
Logo do descanso a Makina Amarilla foi menos máquina e intentou facer un fútbol directo e sen sentido (o balón non pasaba polo medio campo) que foi determinante para o devir do encontro. Unha e outra vez os xogadores locais obcecáronse en mandar balóns longos cando iso é o que menos necesita o equipo pois hai moita xente de calidade para tocar o esférico. O Visantoña aproveitou a saida dun córner no que estiveron mal as marcas para adiantarse 1-2 por medio de Óscar con un lanzamento pegado o pao.
O equipo visitante mataría o encontro no minuto 27 da segunda metade con unha contra na que Christian gañou por velocidade a toda a defensa local, este cedeulle o balón a Pablo Vigo para que establecese o 1-3.
A pesares da mala segunda metade o Atlético Sobrado aínda tivo opcións pois un defensa visitante foi expulsado logo de cometer man dentro da área polo tanto penalti e expulsión pero Nacho que foi o encargado do lanzamento estrelou o balón no longueiro para que despois saise rebotado para afora.

Polo que respecta a canteira houbo algo de todo no desplazamento accidentado a Cabanas (vomitaron na viaxe 8 xogadores), estes foron os resultados:

Benxamín: 7-7
Alevín: 5-4
Infantil: 2-7
Cadete:2-3

Agardemos que a vindeira xornada sexa máis positiva.

Saudos


FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: