venres, 30 de outubro de 2009

Malos resultados pero boa imaxe

Non acompañaron os resultados na pasada xornada o Club Atlético Sobrado nas diferentes categorías pero a pesares das derrotas pódense quitar lecturas positivas de estas:

2ª Autonómica Xuvenil Grupo II

Atl. Sobrado 1 - Brexo Lema "B" 3

Debutou con derrota o equipo xuvenil fronte un Brexo Lema que se lle notou máis rodado ca o equipo marelo. Comezou gañando o Brexo Lema nunha indecisión defensiva pero axiña empataría o C.A.S.X. no minuto 25, nunha falta quitada desde campo propio por Miguel Combo e perfectamente rematada por Alberto Márquez.
N
a segunda metade o Brexo Lema sentenciaría o entontro con dous goles cando o noso equipo estaba con 10 xogadores momentaneamente pois Miguel Combo estaba sendo atendido na banda. De todos modos este equipo ten moita marxe de mellora e un plantel amplío que vai permitir a Pirri rotar os xogadores, algo moi importante ó longo da Liga. Nesta xornada o equipo xuvenil viaxará a Boimorto para enfrontarse mañá sábado a partires das 16.00 horas ó equipo local no campo de O Carballal.

Liga Provincial Feminina Fútbol Sala

Atl. Sobrado 0 - Mabegondo 1

O equipo de Hassan perdeu no seu primeiro partido na casa por un resultado atípico para fútbol sala: 0-1, estanse a notar as baixas nestos primeiros envites pero o equipo segue a xerar oportunidades de gol polo que é para estar máis que tranquilos xa que os goles chegarán. O equipo feminino xogará mañá en Sada a partires das 18.30 horas fronte ó Sada F.S.


3ª Autonómica Senior Grupo IV

Atl. Sobrado 0 - San Martiño C.F. 1

A pesares da derrota, o xogo, o ímpetu e as gañas das que dispuxo o equipo de Fer fronte a un dos máximos favoritos o ascenso que conta con 3 ex-xogadores de 3ª División nas súas filas é digno de ser eloxiado pois o partido decidiuse tan so na xogada puntual de un penalti cometido por Pirulo no minuto 35 da primeira metade e que a postre sería definitivo. Calqueira resultado puido ser posible no que seguramente foi un dos mellores partidos dos marelos no que vai de tempada. Enorme o esforzo de todos e cada un dos xogadores que actuaron no encontro, traballando e correndo de xeito incansable ata que sonou o asubio final. Na segunda metade o Sobrado encerrou o seu rival na procura de goles, e o rival trataba de lanzar perigosas contras. Calqueira resultado puido ser posible nun partido dos que lle da caché a esta división e que gusta o afecciado. O resultado foi negativo pero a imaxe mostrada moi positiva e todos saimos co convencimento de que xogando así poucos partidos se nos van escapar nesta tempada. Esta semana o Atlético Sobrado xogará o domingo no campo de Cabrui (Mesía) a partires das 16.15 horas contra un C.C.D. Curtis moi renovado e que está a colleitar mellores resultados que a pasada tempada. O equipo local terá tres baixas de xogadores por sanción. A ver se o sabemos aproveitar.


Saudos

FORZA C.A.S.X.


Ningún comentario: