mércores, 21 de outubro de 2009

Empate no derbi de cercanias


O Atlético Sobrado colleitou un empate a 2 goles na visita que o equipo que dirixe Fer lle rendiu o Boimorto C.F.
Nun partido clásico de derbi onde as forzas se igualan e non se sabe cal é o equipo que lle leva puntos o outro comezou destacando o colexiado, que se quixo erixir en triste protagonista expulsando os 10 minutos de encontro a Fer (o adestrador) e a José Ramón (o delegado) do Atlético Sobrado por protestarlle un clarísimo fora de xogo que o trenciña non pitou do dianteiro centro local. En ningún momento se lle faltou ó respeto o colexiado pero este expulsou a Fer e José Ramón con dobre cartón marelo a cadanseu.
Adiantaríase o noso equipo nunha boa xogada combinativa que David acertou a rematar a gol. Pichi tería o 0-2 nas botas antes de ir ó descanso pero o porteiro local Carlos, ex-xogador do noso clube na tempada pasada andivo atinado.
O cancerbeiro da "Makina Amarilla" Andrés tamén tería duas accións fundamentais nos primeiros 45 minutos evitando así o gol local.
Con 0-1 chegouse o descanso.
Na segunda metade o Sobrado non saiu metido no partido e os 63 minutos o equipo local ía empatar o encontro logo de un erro no marcaxe, o dianteiro douse a volta no punto de penalti, rematou o balón sen oposición e o esférico foise ó fondo da rede.
Chino tivo nas súas botas de adiantar de novo ó Sobrado, logo de xa ter regateado o porteiro un primeiro lanzamento pega nun defensa, o rechace volvelle a caer o xogador sobradés que volta a lanzar e desta volta o que rexeita é o cancerbeiro Carlos.
A mala fortuna ía visitar o Atlético Sobrado pois nunha contra do Boimorto levada por banda dereita surxe un centro "ténue" do seu interior cara á area e desgraciadamente o porteiro Andrés, no momento de atallar o balón esvara pasandolle o esférico por debaixo quedando o balón a pes de un dianteiro local que marca a pracer. Faltaban 12 minutos e o Boimorto adiantabase.
O C.A.S.X. votou todas as súas naves arriba e volcouse na meta local. Nunha falta recibida por Chino a uns 10 metros da área chegaría o gol do empate. Executa o centro Miguel Liboreiro de xeito maxistral o corazon da area pequena, aparece a cabeza de Pirulo que remata o fondo da rede da porteria local. Pirulo adicou o gol a sua muller Maria que esta embarazada de 4 meses facendo o xesto de acunar un bebe que fixo famoso Bebeto no Mundial 94 dos Estados Unidos.
O C.A.S.X. non se conformaba co empate e seguiu atacando para acadar a victoria... e seria de novo Pirulo o que tivo o triunfo nas suas botas: noutra falta a favor do equipo marelo tamen executada por Miguel Liboreiro logo de un rexeite o balon chegalle a media altura o central das Cruces que sen pensalo duas veces engancha un disparo coa sua perna menos boa, a esquerda, e o balon con moita forza sae fora rozando o pao longueiro local.
Non haberia tempo para mais polo que o final, taboas no derbi.
Para a vindeira xornada o Atletico Sobrado recibe a un dos equipos favoritos para ascender de categoria: o San Martiño C.F. do Concello de Cerceda. O partido tera lugar no Campo Municipal de Sobrado o domingo 25 a partires das 16.30 horas.

Derrota do equipo feminino: non tivo opcion na primeira xornada de Liga Provincial de Futbol Sala o noso equipo que viaxou a Boqueixon con moitas baixas para enfrontarse a un autentico equipazo. De todos os xeitos o resultado 5 a 0 pode levar a engaño pois o equipo de Hassan fixo ata 17 tiros a porteria pero a punteria non andivo afinada e o casilleiro quedou a 0. Sorte para o equipo feminino no seguinte compromiso pois os resultados han de chegar.

Nada mais polo de agora.

Saudos

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: