martes, 13 de outubro de 2009

Unha nova tempada ilusionante

O derradeiro domingo de agosto comezou a tempada 2009/2010 para o Atlético Sobrado de 3ª Autonómica. Antes de nada pedir disculpas pola tardanza na actualización. Dicir que a base do plantel segue sendo a mesma do ano pasado baixo a dirección de Fernando Torreiro "Fer". Chegan así mesmo novas fichaxes: Sete, Cuadrado, Víctor Gómez e Mario que sobe do equipo xuvenil.

Comezou mal a liga o conxunto marelo caendo por 5-0 na visita a Mesía nun partido onde o plantel viaxou sen os dous porteiros algo que influiu endemasia no resultado final.
Na segunda xornada o Atlético Sobrado gañaba o Poulo por un axustado 3-2 (é o único partido que o A.C.D. Poulo perdeu a día de hoxe). Os goleadores foron Chino en dúas ocasións e Luis (dous clásicos goleadores da Mákina Amarilla que a pesares da súa xuventude xa teñen galóns de mando no equipo).
Na terceira xornada o noso clube desplazouse a Cerceda para xogar fronte o filial branco e vermello con tan só 12 xogadores, aínda así e a pesares da dificultade de un rival que loitará polo ascenso o Atlético Sobrado arrincou un meritorio empate a 0 goles.
A cuarta xornada era comprometida por dous motivos: 1) a pesares de que se solicitara na Federación Galega de Fútbol esta data para descansar por ser as festas do pobo non foi concedida polo estamento federativo e xa se sabe que en datas festivas os xogadores rinden moi debaixo do esperado. 2) a entidade do rival: o Visantoña C.F., unha escadra diseñada para intentar o ascenso. O plantel rindeu a un gran nivel e ademáis de golear dou unha exhibición de fútbol. O resultado final: 5-2 deixa ben as claras quen foi o dominador do encontro. Os goleadores foron: Chino 2, David, Nacho e Luis. A zona ofensiva do equipo fíxose notar.
Na 5ª xornada agardaba un difícil encontro fronte a un Encrobas invicto na casa ata ese momento pero o equipo de Fer resolveu na primeira metade con goles de David e Esteban para acadar o resultado final de 0-2.
O Atlético Sobrado tivo descanso na xornada 6.
Na 7ª xornada visitaba o Municipal de Sobrado o filial do Larín un equipo que ocupa a penúltima posición da táboa. O equipo de Fer non tivo problemas para desfacerse do equipo blanco e azul e marcou todos os goles na primeira metade 3-0 os goleadores foron Luis en dúas ocasións e Miguel Liboreiro. 3 auténticos golazos, o 1º de Luis picandolle o esférico o porteiro, o 2º de Miguel Liboreiro un espectacular "reti" coa súa perna menos boa (a esquerda) xusto a escadra visitante e o 3º de novo de Luis que tivo o temple de pararse o borde da área e picarlle o balón o porteiro do Larín B acadando outro golazo.

Para a vindeira xornada o equipo marelo visita ó Boimorto C.F. o sábado 17 de outubro a partires das 19.30 horas.

Saudos

Forza C.A.S.X.

Ningún comentario: