luns, 23 de novembro de 2009

O que perdoa paga...

Decía o gran Bujadin Boskov que "Fútbol é Fútbol" e non lle faltaba razón. O deporte Rei a veces da alegrías e a veces sen sabores; onte o Atlético Sobrado viviu a cara amarga do fútbol o sufrir a segunda derrota da tempada en terreo propio.
O equipo de Fer perdooulle a vida o seu rival en varias ocasións e en fútbol o que perdoa paga, o equipo de Abellá fixo 4 lanzamentos a portería e marcou 3 goles, 75% de efectividade, moito máis non se pode pedir...
Comezou o Atlético Sobrado moi ben o partido, tendo a posesión do balón e axiña lle ía meter o medo no corpo o conxunto rival, Guille efectou un violento disparo dende uns 20 metros que foi bicar o pao longueiro da portería visitante para que seguidamente o esférico saise fora.
Chino tivo a opción de poñer o conxunto de Fer por diante na execución de unha falta ó borde da área, o lanzamento da falta foi milimetrado por riba da barreira e directo a escadra rival, cando os afeccioados locais xa cantaban o gol apareceu a manopla salvadora do gardaredes visitante Juan para enviar o balón a córner.
No propio lanzamento de córner (foto), efectuado por Luis, o dianteiro centro David anticípase de cabeza a zaga visitante e o seu remate é atallado de novo por Juan noutra excelente parada.
O Abellá sería máis efectivo e na primeira chegada que tivo marcou en contragolpe, o dianteiro Ribera (autor de un "hat-trick" na tarde de onte) recibe o balón nunha máis que dubidosa posición (de feito o colexiado no descanso admitiu que se equivocara e que Ribera estaba en fora de xogo), encara a Andrés escorado e marca gol por baixo. Xerro de auga fría para a parroquia local. Un resultado, o de 0-1 que non se correspondía co que se estaba a ver sobre o cespede do municipal, onde so había un equipo: o Club Atlético Sobrado Xuventude.
Este gol enrabietou os pupilos de Fer que seguiron insistindo no ataque, nunha boa xogada por banda esquerda entre Pichi e Nacho, este último centra raso e o balón pasease pola área pequena sen que apareza ningún xogador marelo para empurrar o fondo da rede.
Como o que a segue a consegue o empate ía chegar na seguinte acción de ataque da "Makina Amarilla", Luis encara por banda esquerda o seu marcador e logo de desfacerse del saca un preciso centro, alí aparece a cabeza de Roy para establecer o empate a 1 gol. A victoria visitante para nada estaba a ser xusta.
Pero o Sobrado iríase o descanso en vantaxe, Luis rouba o balón logo de un saque de banda visitante, o balón chega a David que marca raso ante a saida desesperada do porteiro visitante Juan. Por fin se facía xustiza polo visto nos primeiros 45 minutos.
Na segunda metade o Abellá saiu enchufado e o Sobrado agarrotado, o equipo verde fíxose co medio campo xogando en superioridade nesa parcela por ter máis homes alí acumulados, e o traballo de Quinto fíxose notar vindo a recuperar balóns e incorporándose en ataque repartindo xogo.
Os dous minutos da reanudación Ribera anda máis rápido que a zaga local chega no man a man fronte a Andrés e marca de novo raso o empate a 2 no electrónico.
O empate fixo espabilar o Atlético Sobrado pero aínda así o dono do medio campo e quen estaba a recuperar os balóns era o Abellá. O equipo visitante tivo varios achegamentos a área do Atlético Sobrado pero a defensa andivo viva para despexar o esférico.
Logo de unha saida de un córner Guille tivo nas súas botas o 3-2 xa que recolleu un balón escorado preto da área pequena do Abellá pero o seu lanzamento con perna zurda saiulle fóra por moi pouco.
Ribera pola súa banda seguía o seu e noutra contra, gáñalle as espaldas a defensa rival logo de unha pérdida de balón en medio campo que recolleu Quinto e mandou o balón en profundidade, o miudo dianteiro marcou escorado o 2-3 logo da precipitada saida de Andrés. De novo xerro de auga fría pero o Abellá estaba a impor o seu dominio na segunda metade.
Andres faría a parada da tarde logo de unha falta lanzada polo Abellá que remata o seu xogador número 11 de cabeza, o balón xa se coaba pola escadra local cando apareceu a man de Andrés salvando un gol cantado, envíando o esférico a córner e impactando co seu corpo sobre un pao da portería o gardaredes local tivo que ser atendido logo de este golpe pero continuou todo o partido sen problemas.
De novo Guille (que onte aportou moitísimo en ataque a pesares de ser un xogador de contención) tivo na súa cabeza o 3-3 nun saque de falta efectuado por Chino apareceu Guille libre de marca en plancha pero o seu remate de cabeza de novo foise fora cando xa se cantaba o gol local.
Houbo polémica na segunda metade logo de que un balón rexeitado dese na man do capitán visitante dentro da área, o equipo local pediu pena máxima pero o colexiado non estimou puñible a man.
Noutra xogada a balón parado Esteban entrando no segundo pao a piques estivo de establecer o empate, cando se dispoñía a meter o pe en volea para marcar un defensa desvía o esférico a córner.
Xa nos últimos minutos o Sobrado seguiu insistindo xa con balóns aéreos para intentar polo menos empatar, pero dous balóns mortos que andiveron pola área visitante non encontraron ningún xogador marelo para poder marcar o terceiro tanto local.
Así se chegou ó final do encontro no que o Atlético Sobrado mereceu algo máis pero a efectividade visitante declinou a balanza desta volta en contra dos nosos intereses. Con este resultado o Atlético Sobrado segue na 8ª praza con 20 puntos e para a vindeira xornada agarda un apaixoante derbi fronte o Cire Melide que está a loitar por unha praza para ascender a 2ª Autonómica.

Ningún comentario: