luns, 2 de novembro de 2009

Xuvenil: Boimorto C.F. 4 - Atl. Sobrado 1

O equipo xuvenil foi a nova negativa desta xornada pois foi a única categoría que non acadou a victoria. O equipo adestrado por Pirri visitaba Boimorto pero pese o bo facer inicial, o equipo co paso dos minutos descompúxose completamente algo que fixo máis doada a victoria do equipo bermello.

O primeiro gol chegaría a balón parado, nunha falta executada maxistralmente polo lateral dereito local (na foto apreciase a barreira momentos antes de ser executada a falta que suporía o 1-0) que se colou por toda a escadra do gardamallas Samuel.
Antes do descanso chegaría o 2-0 e o 3-0 de penalti marcado polo ex-xogador marelo Jorge. Na segunda metade o Boimorto ía ampliar a vantaxe ata poñerse con un marcador favorable de 4-0.
Xa nas postrimerías do encontro Damián marcaría o gol da honra marelo en bonita xogada persoal.
Confiemos en que un equipo xuvenil moi renovado este ano vaia encontrando o seu lugar na competición en vindeiros confrontamentos.

Ningún comentario: