martes, 15 de decembro de 2009

Xuvenil: inxusto empate

Enfado coa arbitraxe e mal sabor de boca deixou nos integrantes do equipo xuvenil o empate a 2 goles colleitado na tarde do sábado fronte ó Atlético San Pedro (4º clasificado).
O C.A.S.X. foi mellor que o seu rival, en todo momento mereceu gañar o encontro e os graves erros do xove colexiado foron determinantes á hora de decidir o resultado.
Comezou o Atlético Sobrado moi ben prantado sobre o terreo de xogo, tratando ben o esférico e creando dúas ocasións de gol nas que non houbo acerto rematador.
Na terceira xogada de perigo a favor dos locais, o ataque amarelo atopou un oco entre a defensa do Atlético San Pedro e Diego Amil aproveitou o erro defensivo branco e vermello para anotar o primeiro gol da tarde, era o minuto 9 de encontro.
Pasados uns minutos ó porteiro visitante doulle por silbar (simulando o chiflo do colexiado) por dúas veces creando confusión entre os xogadores e incluso por un intre nunha xogada de ataque local todos os xogadores incluso se pararon. Os xogadores do Atlético Sobrado comentaronlle ó colexiado que era tarxeta marela pero o arbitro decía que non sabía quen emitía ese son.
O Atlético Sobrado seguiu atacando pero infructuosamente e co 1-0 chegaríase ó medio tempo.
Na segunda metade e o pouco de reanudarse o xogo o Atlético Sobrado ía tomar máis vantaxe logo de recuperar o balón en medio campo, o balón chega os pes de Damián, o porteiro visitante volve a silbar, Damián duda se parar pero lanza un zapatazo dende fora da área e o esférico entra por toda a escadra. Era a vinganza a unha actitude antideportiva do porteiro visitante. Os xogadores locais volveron a pedirlle ó colexiado que amosase cartón marelo pola acción pero este fixo caso omiso.
Seguiu atacando o C.A.S.X e chegou unha das xogadas máis incribles do que levo vendo de fútbol, xogada por banda esquerda do ataque marelo, centro, o porteiro do Atlético San Pedro sae polo balón pero non atina a despexalo axeitadamente, o balón volve os pes do interior esquerdo do Sobrado que volve a centrar e aparece un defensa visitante que despexa o balón ca man facendo unha palomita (penalti e expulsión clarísimo), o colexiado manda seguir e o Atlético San Pedro monta unha contra que case remata en gol visitante. Quedamos todos impresionados de que non pitase nada.
O Atlético San Pedro reduciría diferencias nunha xogada de estratexia onde un dianteiro visitante rematou a placer de cabeza dando o esférico en Samuel e entrando a continuación na rede local.
Os visitantes medraronse co gol e intentaron crear algo máis de perigo sobre a meta local sen moito éxito.
Outra xogada na que o colexiado se voltou a confundir foi logo de que un defensa lle cedese co pé o esférico o seu porteiro, este a collese na man dentro da área e non pitou cesión. A verdade é que a tarde do xove colexiado foi de todo menos afortunada. Pero ahí non queda a cousa, nunha contra marela, o porteiro volve a silbar e o colexiado seguiu na mesma actitude de non amosar cartón por decir que non sabía de onde viñan os silbidos. Fraco favor lle fai o porteiro xuvenil do Atlético San Pedro ó fútbol con esta acción (alguén lle debería decir algo...).
Para acabar con unha actuación lamentable o colexiado dou no minuto 93 por válido un gol os visitantes logo de dicir que o esférico rebasara a liña de gol nunha xogada na que Miguel Combo despexou. O colexiado sinalou o centro do campo, e os xogadores locais explotaron. Nesa xogada Miguel Combo acabou expulsado por protestas ó colexiado.
Así rematou un encontro no que o equipo xuvenil mereceu gañar con todas as da lei pero os graves erros arbitrias fixeron que tan só se puidese levar un punto. Agardemos que este xove colexiado faga exame de conciencia e pense que non ten porque intimidarse aínda que un señor maior en idade que él lle berre dende a banda. O colexiado é o xefe do partido e como tal así o ten que amosar. Ogallá teña un gran futuro.

Ningún comentario: