mércores, 17 de febreiro de 2010

O Atlético Sobrado incorpora unha nova categoría: Enduro





O Atlético Sobrado terá desde xa unha nova categoría, será o Enduro da man do piloto sobradés Fernando García Herrero coñecido no seu círculo de amigos coma "Nando" que hoxe púxose de longo na presención que tivo lugar en dous enclaves onde o noso clube disputa os seus encontros: o Pavillón Polideportivo e o Campo de Fútbol Municipal. F. Herrero (como así pon na súa camiseta) disputará o Campionato Galego e 3 probas do Campionato de España co dorsal 36 as súas costas e con unha moto KTM 525 EXC. Este domingo terá lugar na Comarca do Deza, concretamente en Lalín a primeira proba do Campionato Galego onde o noso piloto afronta o inicio con moitas gañas. O piloto non quixo deixar pasar a oportunidade para agradecerlle publicamente a Gestán Tratamento de Residuos (que dispón unha planta en Sobrado) o importante apoio económico que lle brindou para que este proxecto puidese ir adiante. Recordamos que Gestán colabora tamén coas outras categorías do Club Atlético Sobrado Xuventude, nunha clara mostra do apoio que está a brindar ó deporte sobrades. Así como tamén o piloto destaca o importante apoio amosado polo Concello de Sobrado, a empresa relacionada co mundo das motos 90 Motor Coruña, concesionario de KTM na cidade da Coruña e tamén a importante apoio loxístico desempeñado polo motoclube Movete Na Moto de Lalín.

Moita sorte para Nando, a partires de agora os seus resultados das probas que disputa poderédelas ver neste blog.

Ningún comentario: